Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto: Diferenzas entre revisións
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo |
|||
Liña 119: | Liña 119: | ||
[[Categoría:Estacións de tren do País Vasco|Bilbao Abando-Indalecio Prieto]] |
[[Categoría:Estacións de tren do País Vasco|Bilbao Abando-Indalecio Prieto]] |
||
[[Categoría:Bilbao]] |
[[Categoría:Transporte en Bilbao]] |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2016 ás 22:55
Bilbao Abando-Indalecio Prieto | |
---|---|
Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto | |
Situación | Bilbao |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Arco, Diúrno, Estrella, Talgo |
Cercanías | Ficheiro:IconoC2.png |
FEVE | Bilbao-Concordia |
Intermodalidade | |
Outros | EuskoTran |
A estación ferroviaria intermodal Abando-Indalecio Prieto é o nome que recibe a estación anteriormente coñecida como Bilbao-Abando (Estación do Norte) de Bilbao, situada no barrio de Abando. Dita estación enmárcase dentro do proxecto da Y vasca, co Tren de Alta Velocidade que comunicará ás tres capitais vascas.
Historia e características
A estación encóntrase en pleno centro de Bilbao, na praza Circular, na confluencia da Gran Vía a rúa Hurtado de Amézaga. Consta dun centro comercial e de lecer (Vialia) así como unha entrada directa á estación de Abando do Metro de Bilbao e accesos directos ás distintas liñas de Cercanías Renfe.
O nome elixido , decidido polo Ministerio de Fomento, é a unión do antigo nome da estación (por se-la principal estación do barrio de Abando, antiga anteigrexa de San Vicente de Abando) e o dun bilbaíno ilustre do s. XX (aínda que nacido en Asturias), Indalecio Prieto, dirixente do PSOE e ministro de Facenda e de Obras Públicas durante o primeiro bienio da Segunda República (cargo dende o que promoveu o desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias). O nome foi decidido en 2006 polo Ministerio de Fomento (durante unha lexislatura presidida polo mesmo PSOE) e conta co rexeitamento do resto de partidos vascos (PNV, EA, EB, Aralar e PP).[1]
Servizos
- Centro Comercial.
- Aparcadoiro.
- Parada de taxi e autobuses.
- Conexións a Metro Bilbao, FEVE, EuskoTran, Bilbobus e Bizkaibus.
- Restaurantes.
Proximidades
As tres liñas do núcleo de Renfe Proximidades de Bilbao, denominado Aldirikoak Renfe, teñen como estación terminal esta estación. Os trens estacionan no piso superior, ocupando o tramo entre as vías da 1 á 5.
Esta estación corresponde á zona 0.
Longa Distancia / Grandes Liñas
Liñas
- Alvia
- Bilbao-Abando - Madrid-Chamartín
- Diúrno
- Bilbao-Abando - Salamanca
- Estrella
- Bilbao-Abando - Málaga-María Zambrano
- Bilbao-Abando - Barcelona
- Talgo
- Bilbao-Abando - Barcelona
- Bilbao-Abando - Madrid-Chamartín
Metro de Bilbao
Abando é unha estación do metro de Bilbao subterránea, situada no céntrico barrio bilbaíno de Abando e inaugurada o 11 de Novembro de 1995. Conecta por unha das súas saídas coa estación de Renfe. É a estación máis concorrida de toda a rede do Metro de Bilbao, cuns datos interanuais de 6 569 655 de viaxeiros.
A súa tarifa corresponde á da zona A.
Accesos
- Rúa Gran Vía Nº1 (Praza Circular) (saída Gran Vía/Praza Circular)
- Rúa Berastegi Nº1 (saída Berastegi)
- Estación RENFE (saída Estación Abando - Renfe)
Ascensor
- Rúa Gran Vía nº1 (Praza Circular)
EuskoTran
A estación de EuskoTran de Abando encóntrase na Rúa Navarra de Bilbao, xunto ás estacións terminais de RENFE e FEVE. A estación pertence á liña A de EuskoTran.
FEVE
Recentemente remodelada, xunto á estación de Abando-Indalecio Prieto encóntrase a estación de Bilbao-Concordia de FEVE, que é unha estación terminal de trens de cercanías, rexionais e longa distancia de FEVE.
Liñas
- Cercanías
- Bilbao-Concordia / Balmaseda
- Rexionais
- Bilbao-Concordia / Carranza
- Bilbao-Concordia / Santander
- Longa distancia
- Bilbao-Concordia / León
Bilbobus e Bizkaibus
No exterior da estación sitúanse tres paradas de Bizkaibus, con conexión cara ós concellos da Marxe Esquerda, Busturialdea e Duranguesado; e cinco paradas de Bilbobus, con conexión a todos os distritos da cidade, con estas liñas: ; os Microbuses: A1, A2, A5: e os servizos nocturnos Gautxori: G2 , G3 , G4, G5 , G6 , G7 ,G8.
Conexións
Procedencia/Destino | Anterior/Seguinte | Liña | Anterior/Seguinte | Procedencia/Destino |
Plentzia | Moyua | Metro | Casco Viejo | Etxebarri |
Portugalete | Moyua | Metro | Casco Viejo | Etxebarri |
Santurtzi | Zabalburu | Proximidades | Zabalburu | Abando |
Muskiz | Zabalburu | Proximidades Ficheiro:IconoC2.png | Zabalburu | Abando |
Orduña | La Peña | Proximidades | La Peña | Abando |
Basurto | Pío Baroja | EuskoTran | Arriaga | Atxuri |
Valmaseda | Ametzola | FEVE | Ametzola | Bilbao-Concordia |
Notas
- ↑ Critican el cambio de nombre de la estación, noticia del Diario Vasco
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto |