Peneira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
sección véxase tamén
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 13: Liña 13:
Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.
Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.


== Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
[http://books.google.com/books?pg=PA128&dq=enciclopedia&id=qO93mbXtcpAC&hl=es#v=onepage&q=enciclopedia&f=false ''Diccionario universal de agricultura'', Juan Álvarez Guerra, 1799 (en castelán)]
[http://books.google.com/books?pg=PA128&dq=enciclopedia&id=qO93mbXtcpAC&hl=es#v=onepage&q=enciclopedia&f=false ''Diccionario universal de agricultura'', Juan Álvarez Guerra, 1799 (en castelán)]
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Apeiros agrícolas]]
[[Categoría:Apeiros agrícolas]]

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2016 ás 19:16

Peneira tradicional de fariña.
Uso da peneira no Antigo Exipto

Unha peneira é un instrumento formado tradicionalmente por unha caixa de madeira, con fondo de coiro con furados ou ben cunha rede de metal de malla máis ou menos fina, que se emprega para separar as partículas de distinto grosor que constitúen certas materias, como a fariña, a area etc. En galego tamén recibe os nomes de baruto, bortel ou xirgo. O termo cribo, criba ou zaranda refírese a un tipo de peneira que se emprega soamente para zarandear certas sementes, como trigo, chícharos, millo etc., limpándoas daquelas partículas máis grosas que interesa separar.

No caso da fariña adóitase separar o óleo (fariña miúda) do farelo

Componse dun aro ancho e delgado de madeira e dun fondo furado de diferente material segundo a operación e o tipo de gran a peneirar. A tea acostuma ser de serda, aramio, lenzo ou seda. O cilindro pode tamén estar feito de folla de lata furada ou de arames de ferro postos circularmente uns xunto a outros.

Nas panadarías importantes botaban a fariña saída das moas nun cuarto que estaba enriba da peneira. Abrían un buraco no chan onde colocaban unha canle de táboas ou de lenzo por onde caía a fariña nunha moega ou canoura. Despois de caer a fariña na moega, pasaba ao cilindro que se achaba en plano inclinado e entón se lle daba voltas co cegoñal e a pendente facía que a fariña pasase da tea máis fina á máis mesta, até que o farelo caía pola abertura. Algunhas veces había unha quinta división ou caixón máis grande que os demais para recibilo ou se abeiraba un costeiro a esta abertura para o recoller.

Na actualidade existen diferentes tipos de cribos e peneiras, moi empregadas de xeito indutrial, coma as peneiras de vento.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Diccionario universal de agricultura, Juan Álvarez Guerra, 1799 (en castelán)