Darío Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Darío Barrio Domínguez''', nado en [[Madrid]] o [[11 de decembro]] de [[1972]] e finado en [[Segura de la Sierra]], [[Provincia de Xaén|Xaén]] o [[6 de xuño]] de [[2014]], foi un afamado [[cociñeiro]] dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión ''Todos contra el Chef'', de [[Cuatro.]] Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/2160732/0/muere-dario-barrio/cocinero/salto-base-jaen/ Muere el cocinero Darío Barrio mientras practicaba salto base]</ref>
'''Darío Barrio Domínguez''', nado en [[Madrid]] o [[11 de decembro]] de [[1972]] e finado en [[Segura de la Sierra]], [[Provincia de Xaén|Xaén]] o [[6 de xuño]] de [[2014]], foi un afamado [[cociñeiro]] dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión ''Todos contra el Chef'', de [[Cuatro]]. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.<ref>[http://www.20minutos.es/noticia/2160732/0/muere-dario-barrio/cocinero/salto-base-jaen/ Muere el cocinero Darío Barrio mientras practicaba salto base]</ref>


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2015 ás 08:47

Darío Barrio Domínguez, nado en Madrid o 11 de decembro de 1972 e finado en Segura de la Sierra, Xaén o 6 de xuño de 2014, foi un afamado cociñeiro dentro da cociña española, coñecido por realizar a primeira etapa do programa de televisión Todos contra el Chef, de Cuatro. Faleceu mentres practicaba salto base na pedanía de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra, Xaén.[1]

Traxectoria

O quinto de seis irmáns, manifestaba a súa inquietude pola cociña desde os 14 anos, nos que alternaba os estudos de Hostalaría (dous anos en Granada e tres anos en As Palmas de Gran Canaria) mentres realizaba prácticas de cociña en diferentes restaurantes de Donostia, Santander, Xirona e Madrid (nesta última cidade, traballou no Restaurante Hellen´s rexentado por uns amigos da familia).[2] Tralos seus estudos en España viaxou por diferentes países de Europa e Estados Unidos durante un período de case 13 anos, cociñando en Zúric, Londres, Bordeos e Pensilvania.

Posuía o restaurante Dassa Bassa en Madrid desde xuño de 2004, no que ademais exercía de cociñeiro.

Faleceu en accidente o 6 de xuño de 2014, no transcurso da primeira xornada da XV Edición do «Festival Internacional de Cine del Aire El Yelmo» de Casaríos Nuevos, en Segura de la Sierra.[3] Precisamente o acto era unha homenaxe a Álvaro Bultó, falecido nas mesmas circunstancias dez meses antes.[4]

Estaba separado de Itziar Ortega e tiña dous fillos varóns con ela, Telmo e Lucas.[5][6][7]

Televisión

Premios

  • (2008) Premio ao Home do ano pola revista Men´s Health.
  • (2006) Premio Aura ao impulso gastronómico
  • (2005) Premio Restaurante Revelación en La luna de Metrópoli.
  • (2005) Premio ao Restaurante Revelación en Madrid Fusión
  • (2002) Segundo clasificado no VIII Campionato de Cociñeiros da Comunidade de Madrid.
  • (2001) Primeiro clasificado no VIII Campionato Oficial de Cociña da Comunidade de Madrid.
  • Premio Amer á Iniciativa Gastronómica.[8]

Obras

  • "Las recetas de Todos contra el chef", Darío Barrio, setembro de 2006, editado por Aguilar.[9] ISBN 9788403097179
  • "Cocina, disfruta, vive", Darío Barrio, maio de 2013, editado por La Esfera de Los Libros.[10] ISBN 9788499708096

Notas