Alvia: Diferenzas entre revisións
Corrección gramatical Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil |
m Desfixéronse as edicións de 88.18.44.29 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de [[2005]], cando foron inauguradas as circunvalacións de [[Zaragoza]] e [[Lleida]] da ''L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona'' e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens [[Altaria]] que unían [[Madrid]] e [[Estación de Sants|Barcelona]]. |
Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de [[2005]], cando foron inauguradas as circunvalacións de [[Zaragoza]] e [[Lleida]] da ''L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona'' e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens [[Altaria]] que unían [[Madrid]] e [[Estación de Sants|Barcelona]]. |
||
En outono de [[2007]] recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques [[Talgo]] para |
En outono de [[2007]] recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques [[Talgo]] para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos [[Madrid]]-[[Xixón]] e [[Alacant]]-[[Xixón]], de forma que os servizos [[Altaria]] e [[Talgo]] que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia. |
||
Coa apertura da ''[[Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid|L.A.V. Madrid-Valladolid]]'' pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende [[Alacant]]), [[Bilbao]] e Hendaia. |
Coa apertura da ''[[Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid|L.A.V. Madrid-Valladolid]]'' pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende [[Alacant]]), [[Bilbao]] e Hendaia. |
Revisión como estaba o 27 de novembro de 2015 ás 08:04
O Alvia é un tren de longa distancia e alta velocidade que forma parte da alta gama de Longa distancia Renfe. Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería. É un produto de Renfe Operadora de prezo medio-alto dentro dos trens de Longa Distancia, que realiza varias rutas en España.
Os trens que ofrecen o servizo Alvia son enteiramente de rodadura desprazable, poden percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.
Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.
En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.
Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.
O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.
O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irún, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.
Frota
Os trens Alvia están compostos por dúas cabezas motoras e unha rama de remolques (Talgo) ou ben unha unidade autopropulsada de 4 coches, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:
- Alvia que circulan pola L.A.V. Madrid-Barcelona: serie 120 de Renfe.
- Alvia que circulan pola L.A.V. Madrid-Valladolid: serie 130 de Renfe
Percorridos
Realiza as seguintes rutas:
- Madrid-Cádiz
- Madrid-Huelva
- Madrid-Vinaròs
- Madrid-Logroño
- Madrid-Pamplona
- Madrid-Bilbao
- Madrid-Hendaia
- Madrid-Xixón
- Madrid-Santander
- Madrid-León
- Madrid-Vitoria
- Madrid-A Coruña
- Madrid-Pontevedra
- Madrid-Ferrol
- Madrid-Ponferrada
- Barcelona-Bilbao
- Barcelona-Hendaia
- Barcelona-A Coruña
- Barcelona-Vigo
- Barcelona-Xixón
- Alacant-Xixón
- Alacant-Santander
- Alacant-A Coruña
- Alacant-Pontevedra
- Xixón-Orpesa
- Xixón-Cádiz
- Santander-Cádiz