Monte Apo: Diferenzas entre revisións
m (GR) File renamed: File:Map Philippines 2005.gif → File:Philippines map 2005 en.gif File renaming criterion #4: To harmonize the file names of a set of images (so that only one part of all names diff... |
m (GR) Duplicate: File:Philippines map 2005 en.gif → File:Philippines-CIA WFB Map (2004).png Exact or scaled-down duplicate: c::File:Philippines-CIA WFB Map (2004).png |
||
Liña 19: | Liña 19: | ||
|} |
|} |
||
[[Ficheiro:Philippines |
[[Ficheiro:Philippines-CIA WFB Map (2004).png|miniatura|dereita|300px|O Apo localízase no sur de Filipinas]] |
||
O '''Monte Apo''' é un [[estratovolcán]] e a montaña máis elevada das illas [[Filipinas]] cunha altura de 2.954 metros. |
O '''Monte Apo''' é un [[estratovolcán]] e a montaña máis elevada das illas [[Filipinas]] cunha altura de 2.954 metros. |
Revisión como estaba o 4 de outubro de 2015 ás 05:39
Monte Apo | |
---|---|
Altitude | 2.954 m |
Latitude | 7º 0' 30 N |
Lonxitude | 125º 16' 33 L |
Rexión | Mindanao (Filipinas) |
Montaña | Montes de Mindanao |
Primeiro ascenso | 1880 por Joaquín Rajal e outros. |
Tipo de volcán | Estratovolcán, activo |
O Monte Apo é un estratovolcán e a montaña máis elevada das illas Filipinas cunha altura de 2.954 metros.
Nome
O seu nome significa "amo" ou "avó".
Situación
O Apo está situado ao sueste de Mindanao, a grande illa do arquipélago, na provincia de Cotobato, a poucos quilómetros ao suroeste da cidade de Davao. A cima presenta un cume aplanado, con tres picos, e un cráter de aproximadamente 500 metros de diámetro cun pequeno lago.
Erupcións
Aínda que o volcán é potencialmente activo, do que son signo as súas solfataras, descoñécese a data da súa derradeira erupción, e non se coñecen rexistros históricos que poidan documentar algún dato ao respecto. É aproveitado para xerar enerxía xeotermal.
Ascensións
Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 10 de outubro de 1880 por Joaquín Rajal e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas, aínda que presentan abundancia de lixo.
Contorno ambiental
O presidente Manuel L. Quezón declarou a área do Apo parque nacional o 9 de maio de 1936. Ten sido tamén proposto para as candidaturas de Patrimonio Mundial da UNESCO.
O monte está considerado como o centro de endemismos da illa de Mindanao. A súa área alberga arredor de 270 especies distintas de aves, das que un centenar se consideran endémicas. A respecto da flora, o monte acolle tres tipos diferentes de bosques tropicais, desde a base até media ladeira, con bosque de montaña na parte superior.