Baia de Mérida: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 57: Liña 57:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Saint Eulalia of Mérida}}
{{commonscat|Saint Eulalia of Mérida}}
=== Outros artigos ===
*[[Santa Baia]]
*[[Baia de Barcelona]]
*[[Baia]] (nome)
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.santaeulaliademerida.es/ Asociación da Virxe e Mártir Santa Baia]
*[http://www.santaeulaliademerida.es/ Asociación da Virxe e Mártir Santa Baia]

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2015 ás 10:58

Santa Baia, pintura do século XVI do Mestre de Meßkirch.

Baia de Mérida (tamén Olalla de Mérida) (Augusta Emérita en 292 - Augusta Emérita 10 de decembro de 304) foi unha mártir considerada santa na igrexa católica e na ortodoxa (coñecida en Galicia cos nomes de Santa Baia, Santa Eulalia, Santa Olalla, Santa Olaia ou Santalla). É patroa da actual Mérida, vila na que foi martirizada cando tiña a súa antiga denominación de Augusta Emerita. A súa desta celébrase o día 10 de decembro, data do seu martirio. É ademais patroa da Arquidiocese de Oviedo, en cuxa catedral repousan os seus restos; e de multitude de parroquias de Galicia, sendo unha das santas máis loadas do país (Véxase: Lista de parroquias galegas baixo a advocación de Santa Eulalia). A súa simboloxía é unha palma martirial e un forno sobre libro. É ademais patroa da liberdade de pensamento, da libedade de expresión, da oratoria, e da elocuencia.

É ademais unha das santas máis sonadas de España. Os datos arredor da súa vida e da súa norte atopámolos nun himno que na súa honra escribiu o poeta Prudencio polo século IV; así coma do relato da súa paixón recolleito no Pasionario Hispánico.[1]

O nome Baia (Olalla) é a evolución galega do nome culto Eulalia do grego Ευλαλια: 'a que fala ben' - eu = 'ben', lalein = 'falar' (verbo) ou lalia = 'fala' (substantivo).

Biografía

Baia naceu na Emerita Augusta (actual Mérida) contra o ano 292. Algunhas fontes datan a súa vida máis tarde, e poñen o seu martirio en tempos do emperador Traiano Decio (249-251). Era filla do senador romano Liberio[2] e tanto ela como toda a súa familia eran cristiáns.

Cando Baia fixo os doce anos apareceu o decreto do emperador Diocleciano prohibindo aos cristiáns dar culto a Xesús Cristo e mandándoos adorar aos ídolos pagáns. A rapariga sentiu un gran desgusto por estas inxustas leis e se propuxo protestar perante os delegados do goberno.

A nai e o pai albiscaron o risco de morte que a rapaza corría se ousaba protestar contra a persecución dos gobernantes, logo levárona a unha casa de campo na ribeira de Albarregas, mais Baia fuxiu, e chegou á cidade de Mérida, segundo a tradición, o 10 de decembro do ano 304, tras unha travesía que, segundo os seus biógrafos, estivo chea de intercesións milagreiras.

Baia presentouse perante o gobernador Daciano e protestou valentemente dicíndolle que esas leis que mandaban loar ídolos e prohibían a Deus eran totalmente inxustas e non podían ser obedecidas polos cristiáns.

Daciano intentou ao principio ofrecer agasallos e facer promesas de axudas á nena para que cambiase de opinión, porén ao ver que ela seguía fortemente convencida das súas ideas cristiás, amosoulle todos os instrumentos de tortura cos cales lle podían facer padecer horribelmente se non obedecía a lei do emperador. Logo díxolle: "De todos estes sufrimientos vaste librar se lle ofreces este pan aos deuses, e lles queimas este pouco incenso nos seus altares". A moza guindou lonxe o pan, botou polo chan o incenso e díxolle: "Só ao Deus do ceo adoro; a El unicamente lle ofrecerei sacrificios e lle queimarei inienso. E a ninguén máis".

Logo o xuíz pagán mandou que a mallasen con varas de ferro e que sobre as súas feridas colocasen tochas acesas. A fermosa cabeleira de Baia prendeu e a rapaza morreu queimada e afogada polo fume.

O poeta Prudencio disque ao morrer a santa, a xente viu unha branquísima pomba que voaba cara o ceo, e que os verdugos fuxiron, cheos de pavor e de remordemento por ter matado unha criatura inocente. A neve cubriu o cadáver e o chan do redor, até que varios días despois chegaron uns cristiáns e lle deron honrosa sepultura ao corpo da moza mártir. Alí no sitio da súa sepultura ergueuse un templo de honra a Santa Baia, e di o poeta que el mesmo viu que a ese templo chegaban moitos peregrinos a pregar ante os restos de tan valente rpariga e a conseguir por medio de ela moi notábeis favores de Deus.

O culto de Santa Baia fíxose tan popular que santo Agostiño fixo sermóns en honra desta nova santa. E na moi antiga lista de mártires da Igrexa Católica, chamada de "Martiroloxio romano", hai esta frase: "o 10 de decembro, conmemórase a Santa Baia, mártir de España, morta por proclamar a súa fe en Xesús Cristo".

A tradición coincide coa lenda de Santa Baia de Barcelona, que reproduce, ademais do nome, múltiples feitos e tormentos da santa de Mérida, puidendo se tratar dunha duplicación de personalidade haxiográfica. Esta duplicidade foi estudada por Ángel Fábrega Grau, quen en 1958 publicou Santa Eulalia de Barcelona, revisión de un problema histórico, e por bolandistas no seu Analecta Bollandistae, sen chegar a unha resolución concluente.

Festas

En Mérida

Basílica de Santa Eulalia (Mérida).
Igrexa de Santalla de Bóveda, Lugo

En Mérida, a cidade de Santa Eulalia, da que é patroa principal e alcaldesa perpetua, as festas comezan o día 8 de decembro, día da Inmaculada. Neste día ten lugar a renovación do Voto municipal da Inmaculada na Igrexa do Convento dos RR.MM. Franciscanas Concepcionistas.

O día 9, véspera de Santa Baia, ten lugar a peregrinación eulaliense que rememora o percorrido da nena mártir dende a vila onde foi agachada por seus país deica Emérita Augusta (actual Mérida) onde foi martirizada no ano 304 á idade de 13 anos. Trala peregrinación e a celebración eucarística, da comezo a procesión que traslada a imaxe da patroa dende a súa Basílica até a Concatedral pasando polas principais rúas do centro histórico da cidade. O día a seguir ten lugar a procesión, herdeira da que se realizaba en época visigoda, na que milleiros de emeritenses acompañan á súa patroa dende a Concatedral deica a súa Basílica. Unha vez alí, e trala ofrenda floral, ten lugar a Solemne Eucaristía presidida polo arcebispo da vila.

Espectáculos pirotécnicos, deporte, concursos, e eventos musicais e culturais completan estas festas de marcado carácter relixioso.

En Totana

A cidade murciana de Totana ten a Santa Baia por patroa. 'La Santa', como se coñece popularmente na zona, venérase nun santuario de factura medieval emprazado nas abas de Sierra Espuña, a sete quilómetros da localidade. Aos actos relixiosos organizados anualmente en honra da patroa, engádese un variado programa de celebracións populares que mantén en festas aos totaneiros durante todo un mes.

En Santa Olalla del Cala

A vila onubense de Santa Olalla del Cala debe o seu nome á súa patroa (Olalla provén dunha variante en galego do nome, probabelmente galegos que reconquistaron a vila trala invasión árabe) e ao río que marca a estrema entre as provincias de Huelva e Sevilla (río Cala). Nesta vila celébrase cada ano, o segundo domingo de maio, a romaría de Santa Olalla Virxe e Mártir, na que os santaolalleiros e veciños doutras vilas acompañan a patroa á súa ermida, situada na ribeira do Cala. Os romeiros realizan o camiño con gran devoción, cantando e bailando ao ritmo de sevillanas, vitoreando a santa, e acompañados con viños e chacinas típicas da serra de Huelva.

Santa Eulalia na literatura

Santa Baia na pintura

Tamén aparece representada nos mosaicos da Basílica de Santo Apolinar o Novo de Rávena, en Italia.

Notas

  1. RIESCO CHUECA, Pilar: Pasionario hispánico, Universidade de Sevilla, 1995.
  2. Contreras Gil, Francisco (2013). "La mártir del pueblo. Tras las huellas de Santa Eulalia". Historia de Iberia Vieja (101).  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas