A Chousa Nova: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
os cambios únicamente corrixen erros moi evidentes facilmente confirmables na bibliografía especializada
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:


==A reconstrución==
==A reconstrución==
Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada arqueolóxicamente e o situou exactamente no mesmo emprazamento. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/04/tumulo-da-chousa-nova-1/ Túmulo da Chousa Nova 1], na web de Patrimonio Galego.</ref>
Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada arqueolóxicamente e situouno exactamente no mesmo emprazamento. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/04/tumulo-da-chousa-nova-1/ Túmulo da Chousa Nova 1], na web de Patrimonio Galego.</ref>


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2015 ás 09:30

Coordenadas: 42°45′24.45″N 8°17′33.90″O / 42.7567917, -8.2927500

A Chousa Nova, reconstruída.

A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico situado na parroquia de Abades (Silleda), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do AVE entre Ourense-Santiago. A cámara interior do dolmen non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co axuar funerario. Foi o segundo dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por carbono catorce deron para A Chousa Nova unha datación que sitúan como un dos dolmens máis antigos de Galiza.[1]

Historia

As obras do AVE pasan polo túmulo de Chousa Nova. O túmulo como tantos outros en Galiza non estaba escavado, tiña unha estrada ao carón que danara parte da masa, un poste eléctrico sobre ela e estaba nunha zona de explotación agrícola e forestal. Tiña evidentes signos de violación. A escavación foi dirixida por María José Bóveda, do Gabinete de Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio durante as obras do AVE. As probas de carbono-14 deron datas ao redor do 4350 antes da era actual, máis antigas que o Dolmen de Dombate en Cabana de Bergantiños ou Forno dos Mouros en Toques.

O enterramento

Chousa Nova ten tres estadíos. O primeiro corresponde a unha serie de gabias baixo o monumento e de función descoñecida. A gabia perimetral actual está a uns 8 metros ao redor do túmulo e é similar á de Dombate ou á doutros monumentos megalíticos británicos.

A escavación

Vista xeral de Chousa Nova.

Ao retirar as pedras da coiraza atopáronse variedades cromáticas con terras de diferentes cores. As terras foran dispostas de xeito intencionado como tentando xuntar a súa obra coa natureza. O túmulo ten dúas fases de construción: a edificación do propio monumento (coa capa á vista) e a ampliación do perímetro do monumento e soterrado de todo o monumento.

A cámara está formada por cinco lousas graníticas. A capa da cámara era unha grande lousa de 2.950 kg de peso.[2] Estaba crebada en tres anacos, un deles achado na mesma posición de cando romperan e os outros dous dentro da cámara.

No interior do monumento atopáronse os obxectos do enxoval de hai seis mil anos. Un colar con 35 contas algunhas de ámbar e outras de varisicita, posiblemente dunha veta da provincia de Zamora, semellando estar sobre un peito humano. É o segundo colar atopado in situ na Europa. Unha eixada posta próxima á cabeza, preto da man un cincel e un gastado afiador baixo os pés. A eixada e o cincel, que estaban novos, interprétanse como un símbolo de luxo e posición social.

A reconstrución

Tras a escavación, o proxecto trocou a inicial trincheira para o paso do AVE por un falso túnel sobre o que se reconstruíu A Chousa Nova. As lousas do monumento foron gardadas durante case dous anos nunha nave en Silleda. A reconstrución foi supervisada arqueolóxicamente e situouno exactamente no mesmo emprazamento. Trocouse o camiño que cortara parte da mámoa afastándoo e movéronse os postes eléctricos. O espazo está valado, sinalizado e musealizado, libre xa de uso agrícola e forestal. Hai paneis explicativos do monumento, da escavación e dos traballos de reconstrución. O monumento está tal como se sabe foi construído. Os tres anacos da lousa da capa foron pegadas e están á vista; unhas pedras de balastro ferroviario marcan os límites da construción. Moi preto da zona hai dous túmulos máis sen escavar.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas