Seattle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m HombreDHojalata moveu a páxina "Historia urbana de Seattle" a "Historia de Seattle" sen deixar unha redirección
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2015 ás 09:47

A historia urbana de Seattle deu comezo coa chegada dunhas partidas de pioneiros a terras, as que arrodean a baía Elliott na enseada Puget Sound, habitadas polo home dende milenios, que no tempo da arribada dos occidentais poboaban indíxenas da tribo Duwamish nunhas 17 aldeas espalladas pola zona [1].

Fundación

Mapa dos comezos, 1855.
Vista de Seattle en 1856.

Concretamente foi en 1851 cun primeiro asentamento en Alki Point (na outra beira da baía Elliott, a uns 10km ao oeste do centro actual). Ao ano seguinte a maioría dos colonos trasladáronse á máis protexida beira leste e fundaron o asentamento de Duwamps. En 1853 foi renomeado Seattle (polo xefe Sealth dos duwamish) cando os lotes catastrais foron oficiais [2].

En principio nun promontorio que coa marea alta quedaba illado, cun peirao (Yesler) no norte e arrodeado de interminables bosques, a industria da madeira foi a que deu pulo ó primeiro crecemento [3]. Pronto os lotes foron vendidos e recheado o terreo intermareal [4][5] iniciando un proceso de ganancia de terreos á baía que será constante no futuro.

Gran Incendio de 1889 e reconstrución

Vista de paxaro de Seattle, 1884.

En 1889 un gran incendio destruíu o centro da vila. Porén a súa puxanza era tal que nun ano fora reconstruído por un aínda maior e mellor (en ladrillo e pedra arredor de Pioneer Square) [6]; que a poboación case que duplicárase (de 25.000 habitantes a 43.000, converténdose na maior do estado de Washington) polo grande afluxo de traballadores para a reconstrución; e que ademais un sistema de parques e bulevares (plan do estudio do prestixioso paisaxista Olmsted, 1903; tamén elaborou o da Feira Mundial de 1909) fora implementado.

Poucos anos despois, a febre do ouro de Alasca (1896) converteu ao porto de Seattle na base de aprovisionamento e partida, facendo da cidade un nu de comunicacións (ferrocarril tamén nestes anos) e incrementando novamente a súa poboación pola masiva inmigración (orientais e europeos a converten en cosmopolita). Coma consecuencia a partir de 1905 houbo un estoupido inmobiliario na que xa deveu a urbe líder do noroeste do país [7].

Desmontes e recheos

A topografía complicada de Seattle, entre a baía e o Lago Washington, con numerosos outeiros e brazos de auga obstaculizaba a expansión urbana. Un gran plan de desmontes (regrades) e recheos complementarios levouse a cabo nas primeiras décadas do século XX reconfigurando a xeografía da vila. A fronte costeira co malecón (despois Alaskan Way) e peiraos do porto ampliouse sobor de todo co recheo do fondo da baía (por onde entrou o ferrocarril) ata a foz do río Duwamish onde creouse unha illa artificial (a industrial Harbor Island, 1909).

Sobor destes novos terreos gañados ao mar cimentouse o apoxeo da industria dos estaleiros no tempo da Primeira Guerra Mundial. Un gran plan para un moderno desenrolo metropolitano (Plan Bogue ,1911 [8]) foi desgraciadamente rechazado en axustada votación, aínda que moitas das suas propostas foran retomadas co tempo (centro cívico no Denny Hill Regrade e sistema de transporte público).

Seattle contemporánea

Trala gran depresión (cando perdeu a puxanza portuaria en beneficio dos Ánxeles), dende a Segunda Guerra Mundial a industria aeronáutica primeiro (da man de Boeing) e a informática despois (Microsoft) teñen levado a Seattle a se manteres coma unha das metrópoles máis desenvolvidas dos Estados Unidos.

As grandes infraestructuras (anel de autopistas [9], monorrail elevado) nos sesenta acompañaron o primeiro pulo e unha nova Feira Mundial o celebrou (1962, co Space Needle coma icono do skyline da vila).

De esquerda a dereita: Space Needle; rañaceos do downtown; a pequena Torre Smith, primeiro rañaceos (1914) da cidade a carón de Yesler Way e Pioneer Square; os recheos portuarios e Harbor Island

Notas

  1. Mapa da Baía Elliott con algunhas das aldeas nativas: Alki ("Fat Nose") e Jijilaetch a carón da península onde asentouse Duwamps [1][Ligazón morta]
  2. Mapas dos inicios de Seattle [2]
  3. Detalle do mapa de 1856 co trazado futuro da cidade superposto: o peirao Yesler no comezo da Yesler Way, que coa Primeira Avenida serán as arterias principais [3]
  4. Mapa de Seattle en 1875 [4]
  5. Vista de Seattle dende a baía, 1875 [5]
  6. Mapa de Seattle en 1891 co crecemento trala reconstrución [6][Ligazón morta]
  7. Mapa de Seattle en 1909 [7]
  8. Plan de Virgil Bogue para Seattle, 1911 [8][Ligazón morta]
  9. Mapa de Seattle, 1966 [9]