Audiovisual: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 18: | Liña 18: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
*{{Cita libro| |
*{{Cita libro|autor=Observatoire européen de l'audiovisuel|título=L’avenir des aides d’Etat pour l’audiovisuel|ano=2012|editor=Les Éditions du Conseil de l'Europe|localización=Estrasburgo|isbn=9789287173782|páxinas=45}} |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
Revisión como estaba o 15 de maio de 2015 ás 08:53
O termo audiovisual (AV, ou A/V) fai referencia a obras cos compoñentes do son e da imaxe, á produción ou uso desas obras, ou ó equipamento empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os filmes e os programas de televisión.
Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.[1]
Percepción do audiovisual
Percepción visual
O ollo humano percibe a luz, unha parte do espectro electromagnético. O ollo recibe os estímulos dos raios de luz procedentes da contorna que atravesan o cristalino incidindo na parte posterior do ollo coñecida como retina. Alí estimulan uns foto-receptores (bastóns e conos), estes de tres tipos diferentes, sensíbeis a tres lonxitudes de onda distintas que permiten ver en tricromía, e que envían impulsos nerviosos a través do nervio óptico cara á cortiza cerebral encargada da visión, creándose así as imaxes percibidas. Xa que cada un dos ollos ten unha visión lixeiramente diferente dun obxecto, o cerebro debe encargarse de fusionar as imaxes para crear un efecto tridimensional (estereoscópico), permitindo percibir de forma instantánea a profundidade e a distancia. Na retina, ademais, dáse o fenómeno da persistencia retiniana, que permite crear a sensación de movemento, aínda que realmente o percibido sexa unha sucesión de imaxes fixas a unha determinada velocidade.
Percepción auditiva
O son é unha vibración que se transmite a través dun medio. Estas vibracións transmítense pola orella a través dos ósos do oído, dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.
Notas
- ↑ Barman, Charles (1984). "Slide-Tape Presentations on a Classroom Budget". University of California Press. The American Biology Teacher 46 (6): 344. Consultado o 30 de xaneiro de 2014. A referencia usa o parámetro obsoleto
|mes=
(Axuda)
Véxase tamén
Bibliografía
- Observatoire européen de l'audiovisuel (2012). Les Éditions du Conseil de l'Europe, ed. L’avenir des aides d’Etat pour l’audiovisuel. Estrasburgo. p. 45. ISBN 9789287173782.