Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións
Liña 22: | Liña 22: | ||
===Ensaio=== |
===Ensaio=== |
||
*''Tempo e vinganza'', [[2003]], Galaxia (premio Ramón Piñeiro de ensaio). |
*''Tempo e vinganza'', [[2003]], Galaxia ([[premio Ramón Piñeiro de ensaio]]). |
||
*''Presenza dunha Ausencia (Sobre [[Maurice Blanchot]])'', [[2013]], Axóuxere. |
*''Presenza dunha Ausencia (Sobre [[Maurice Blanchot]])'', [[2013]], Axóuxere. |
||
Revisión como estaba o 4 de maio de 2015 ás 15:29
Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso, Boqueixón o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.
Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.
Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.
En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2].
Obras
Narrativa
- Dos anxos e dos mortos, 1977 (reeditada en 1991 en Galaxia).
- Loaira, 1992, Galaxia.
- A sombra dos teus soños, 1998, Galaxia.
- Non sei cando nos veremos, 2005, Galaxia.
- A noite do moucho, 2009, Galaxia.
Teatro
Ensaio
- Tempo e vinganza, 2003, Galaxia (premio Ramón Piñeiro de ensaio).
- Presenza dunha Ausencia (Sobre Maurice Blanchot), 2013, Axóuxere.
Traducións
- Molloy, de Samuel Beckett, 2006, Galaxia.
Obras colectivas
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Notas
- ↑ Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
- ↑ Nova en Vieiros