Gonzalo Fernández de la Mora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ datos desde es:wiki
Liña 5: Liña 5:


{{ORDENAR:Fernandez de la Mora, Gonzalo}}
{{ORDENAR:Fernandez de la Mora, Gonzalo}}
[[Categoría:Políticos de España]]
[[Categoría:Ministros do franquismo]]
[[Categoría:Nados en Barcelona]]
[[Categoría:Nados en Barcelona]]
[[Categoría:Nados en 1924]]
[[Categoría:Nados en 1924]]

Revisión como estaba o 24 de abril de 2015 ás 14:55

Gonzalo Fernández de la Mora Mon, nado en Barcelona o 30 de abril de 1924 e finado en Madrid o 10 de febreiro de 2002, foi un político e ensaísta español.

Traxectoria

Cando tiña dous anos a súa familia trasladouse a Madrid e durante un tempo viviu en Galicia (Mondariz, Guitiriz e Vigo), de volta a Madrid estudou filosofía e letras e dereito, e en 1946 entrou na Escola Diplomática e alí entrou en contacto con grupos monárquicos liberais. Membro do Consello Privado de Xoán de Borbón dende 1959. Progresivamente foise achegando ao círculo de poder franquista e foi nomeado subsecretario no Ministerio de Asuntos Exteriores e entre 1970 e 1974 foi ministro de obras públicas. Na transición fundou a Unión Nacional Española que foi un dos partidos que formou Alianza Popular que tiña a Fernández de la Mora como vicepresidente. Deputado por Pontevedra nas primeiras eleccións a Cortes (1977). Conselleiro da Xunta preautonómica. En 1977 deixou AP e a dirección da UNE cando deron o seu apoio á Constitución de 1978. En 1979 foi un dos fundadores do partido Derecha Democrática Española