Unión Nacional Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Unión Nacional Española (UNE) foi un partido político español tradicionalista de filiación carlista que apoiaba o nomeamento de Xoán Carlos I como sucesor de Francisco Franco Bahamonde dentro dos principios fundamentais do Movemento.

Formáronno en 1974 os antigos dirixentes carlistas Antonio de Oriol, José Luis Zamanillo, José María Valiente e Miguel Fagoaga e posteriormente integrouse o ex-ministro franquista Gonzalo Fernández de la Mora que se converteu no seu líder. En Galicia tiña como principal dirixente a Bernardo Carrera.

Foi un dos partidos que deu orixe a Alianza Popular en 1976 e desapareceu oficialmente en maio de 1977.