Póstumo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera] |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
Galieno non estaba en condicións en [[259]] de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca [[Odenato]] o é no Oriente, xa que dividira o [[imperio]] dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del. |

Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda |
Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda etc, e consegue que a [[Galia]], a [[Xermania Magna|Xermania]], a [[Britania]] e a [[Hispania]] o acepten coma novo emperador. |
||
Póstumo rexeita os [[xermano]]s para alén do [[río Rin]], constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que [[Galieno]] moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no [[267]], Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes. |

Revisión como estaba o 13 de abril de 2015 ás 05:56
Marcus Casianus Latinius Postumus foi o primeiro emperador do chamado Imperium Galliarum entre os anos 259 e 268.
Traxectoria
Da súa vida sábese pouco, e cóidase que é un galo que foi subindo no exército ata chegar a ser comandante. Cando o emperador Galieno' atopou dificultades na Dacia e na Panonia, nomeou o seu fillo Salonino comandante e césar, xa que o sucesor de Galieno morrera de morte morrida. Pero Salonino, diante dos avances dos alamáns e francos cometeu moitos erros, tanto que as súas propias tropas se lle reviraron. Prodúcese unha sublevación das tropas, e nomean emperador a Póstumo. Este avanza cara a Colonia, toma as súas murallas e mata a Salonino e o seu preceptor Silvano, proclamándose emperador.
Galieno non estaba en condicións en 259 de se opoñer a este nomeamento, e oficialmente declara que Póstumo é o seu comandante nas rexións afectadas ao igual ca Odenato o é no Oriente, xa que dividira o imperio dende o punto de vista militar para unha mellor defensa del.
Pero a realidade e que Póstumo construíu un novo imperio, co seu goberno, coas súas institucións, coa súa moeda etc, e consegue que a Galia, a Xermania, a Britania e a Hispania o acepten coma novo emperador.
Póstumo rexeita os xermanos para alén do río Rin, constrúe novas fortificacións, e mantén unidos uns territorios que Galieno moi dificilmente podería conservar. Mais adiante, no 267, Póstumo e Galieno chegan a un acordo onde se delimitan as áreas de control dos dous, e é entón cando o Imperio, co recoñecemento de Póstumo en Occidente e Odenato no Oriente queda dividido en tres partes.
No 268, rebélase o gobernador da Baixa Xermania, Leliano. As tropas de Póstumo afogan esta rebelión e poñen sitio e toman a cidade de Maguncia. Póstumo impide o saqueo da vila, así que resultan asasinados tanto el coma o seu fillo Póstumo II, a quen nomeara césar e augusto. Leliano morre nesta acción e as tropas nomean a Marco Aurelio Mario.
Mario tamén morre aos poucos días a mans das tropas e o novo emperador do Imperium Galliarum é Victorino, quen fora comandante das tropas de Póstumo.