Leliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Leliano
Aureus Laelius-RIC 0001.jpg
Falecemento 269
  Maguncia - Mainz
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Ulpius Cornelius Laelianus, tamén chamado Leliano foi un usurpador romano contra Póstumo, emperador da Galia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo emperador do Imperium Gallicus, Póstumo, fundador do mesmo logo de rebelarse contra Roma e contra o seu emperador Galieno, chega a un acordo no ano 268 para se dividir as zonas de control. No ano 269, Caius Ulpius Cornelius Lelianus, ou Leliano, trata de usurpar o trono e rebélase contra Póstumo. Este dirixe os seus exércitos contra o seu antigo comandante, quen se refuxiara en Maguncia. Póstumo pon sitio a cidade e tómaa pouco despois, matando a Leliano, pero atopando tamén a morte el e mais o seu fillo logo de que lle prohibisen ás súas tropas a pillaxe da cidade.

Leliano pasou á historia pola súa bravura e valentía nas loitas contra os bárbaros e foi un destacado militar que construíu a maior parte das fortalezas ao longo do río Rin, e que lle permitiron a Póstumo afastar as tribos xermánicas da Galia e da Xermania Inferior e consolidar o seu Imperio ata á súa morte.