Paio, mártir: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 6: Liña 6:
O seu día no santoral católico é o [[26 de xuño]].
O seu día no santoral católico é o [[26 de xuño]].


==Martirio e morte==
== Martirio e morte ==
O seu [[martirio]], descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera ([[920]]), moitos habitantes cristiáns do [[Reino de León]] foron levados prisioneiros a [[Córdoba, España|Córdoba]]. Entre eles estaban Paio e seu tío [[Hermixio]], bispo de [[Tui]]. Este foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentres que Paio quedaba en calidade de refén.
O seu [[martirio]], descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera ([[920]]), moitos habitantes cristiáns do [[Reino de León]] foron levados prisioneiros a [[Córdoba, España|Córdoba]]. Entre eles estaban Paio e seu tío [[Hermixio]], bispo de [[Tui]]. Este foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentres que Paio quedaba en calidade de refén.


Liña 20: Liña 20:


== Notas ==
== Notas ==
{{referencias}}
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 22 de marzo de 2015 ás 05:38

Recreación do martirio de San Paio nun gravado de Jan Luyken (1649-1712) publicado no 'Espello dos Mártires' (Amsterdam, 1685). O texto da imaxe, en neerlandés, di: "Paio, un rapaz de 13 anos, tras moito padecemento por causa da súa firme fe cristiá, sufriu en Córdoba a amputación dos seus brazos e pernas, e finalmente a decapitación. Ano de 925".

San Paio Mártir, nado en Albeos (Crecente, daquela parte do condado de Turonia) no ano 911 e falecido en Córdoba o 26 de xuño de 925, foi un rapaz cristián martirizado durante o califato de Abderramán III e canonizado posteriormente pola Igrexa Católica, como exemplo de virtude da castidade xuvenil fronte á homosexualidade.

O seu día no santoral católico é o 26 de xuño.

Martirio e morte

O seu martirio, descrito truculentamente no santoral, foi por despedazamento ou desmembramento mediante tenazas de ferro. Trala batalla de Valdejunquera (920), moitos habitantes cristiáns do Reino de León foron levados prisioneiros a Córdoba. Entre eles estaban Paio e seu tío Hermixio, bispo de Tui. Este foi liberado coa fin de que xuntara un rescate, mentres que Paio quedaba en calidade de refén.

Segundo a tradición dise que o califa Abderramán III, prendado da súa beleza, requiriulle contactos sexuais, ós que se negou, provocando a súa tortura e morte.

A súa haxiografía relata que durante os catro anos que pasou en Córdoba en calidade de refén sen que o rescate fose pagado polo seu tío bispo, o mozo destacou pola súa intelixencia e a súa fe, facendo proselitismo de Cristo, insistindo en que foi esta actividade a que provocou que fose tentado por Abderramán III para que se convertese ao Islam, cousa que rexeitou con vehemencia: Si, o rei, son cristián. Funo e sereino pola graza de Deus. Tódalas túas riquezas non valen nada. Non penses que por cousas tan pasaxeiras vou renegar de Cristo, que é o meu Señor e o teu aínda que non o queiras."[1]

Veneración

O martirio en defensa da súa fe xustificou a súa pronta canonización. Deseguida pasou a recibir culto. A partir do século XI, no que os reinos cristiáns intervirían na política interior dos reinos musulmáns de taifas, moitos santos cristiáns foron trasladados ó norte, e o mesmo ocorreu cos seus restos: primeiro á cidade de León, e logo ó mosteiro beneditino de San Pelayo en Oviedo, que leva o seu nome (e que non debe confundirse con Paio de Asturias, primeiro rei de Asturias.

Aínda que a historia da súa vida non ten na actualidade moita repercusión no imaxinario colectivo o seu nome ten ampla difusión en topónimos da Galiza toda. San Paio Mártir é santo patrón do Seminario Menor de Tui e de moitas parroquias galegas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas