Pirofosfato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
de en:Pyrophosphate
Liña 1: Liña 1:
{{Chembox
| verifiedrevid = 444077628
| ImageFile = Pyrophosphate_anion.png
| ImageSize = 150px
| ImageFile1 = Pyrophosphate-3D-balls.png
| ImageSize1 = 150px
| ImageAlt1 =
| ImageName1 = Anión pirofosfato
| IUPACName =
| OtherNames = Difosfato ou dipolifosfato
| Section1 = {{Chembox Identifiers
| ChemSpiderID_Ref =
| ChemSpiderID = 559142
| InChI = 1/H4O7P2/c1-8(2,3)7-9(4,5)6/h(H2,1,2,3)(H2,4,5,6)/p-4
| InChIKey = XPPKVPWEQAFLFU-XBHQNQODAI
| StdInChI_Ref =
| StdInChI = 1S/H4O7P2/c1-8(2,3)7-9(4,5)6/h(H2,1,2,3)(H2,4,5,6)/p-4
| StdInChIKey_Ref =
| StdInChIKey = XPPKVPWEQAFLFU-UHFFFAOYSA-J
| CASNo_Ref =
| CASNo =
| PubChem = 644102
| DrugBank_Ref =
| DrugBank = DB04160
| ChEBI_Ref =
| ChEBI = 18361
| SMILES = [O-]P(=O)([O-])OP(=O)([O-])[O-]
}}
| Section2 = {{Chembox Properties
| Formula = P<sub>2</sub>O<sub>7</sub><sup>4−</sup>
| MolarMass =
| Appearance =
| Density =
| MeltingPt =
| BoilingPt =
| Solubility = }}
| Section3 = {{Chembox Hazards
| MainHazards =
| FlashPt =
| Autoignition = }}
}}

[[Ficheiro:Diphosphat-Ion.svg|miniatura|Anión pirofosfato ou PPi.]]
[[Ficheiro:Diphosphat-Ion.svg|miniatura|Anión pirofosfato ou PPi.]]
[[Ficheiro:Pyrophosphate-3D-balls.png|miniatura|dereita|250px|Modelo de [[anión]] de pirofosfato, P<sub>2</sub>O<sub>7</sub><sup>4−</sup>]]
[[Ficheiro:Pyrophosphate-3D-balls.png|miniatura|dereita|250px|Modelo de [[anión]] de pirofosfato, P<sub>2</sub>O<sub>7</sub><sup>4−</sup>]]

Revisión como estaba o 4 de marzo de 2015 ás 17:23

Pirofosfato
Anión pirofosfato
Identificadores
PubChem 644102
ChemSpider 559142
DrugBank DB04160
ChEBI CHEBI:18361
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular P2O74−

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Anión pirofosfato ou PPi.
Modelo de anión de pirofosfato, P2O74−

En química, os pirofosfatos son os anións, sales, e ésteres do ácido pirofosfórico. O anión abréviase como PPi e fórmase pola hidrólise do ATP na que se orixina AMP nas células, reacción denominada pirofosforólise

ATP → AMP + PPi

O termo pirofosfato tamén designa aos ésteres formados pola reacción de condensación dun composto biolóxico fosforilado cun fosfato inorgánico.

O anión pirofosfato ten unha estrutura P2O74−, e é un anhídrido de ácido do fosfato. É inestable en solución acuosa e hidrolízase rapidamente formando dúas moléculas de fosfato inorgánico (HPO42− ou Pi):

P2O74− + H2O → 2 HPO42−

abreviadamente:

PPi + H2O → 2 Pi

A reacción contraria tamén é posible se subministramos enerxía. De feito, o nome de pirofosfato, co prefixo piro, que significa lume, procede de que se pode obter pirofosfato quentando os fosfatos (hidroxenofosfatos), segundo a reacción:

Desde o punto de vista do enlace entre fosfatos, requírense dúas reaccións de fosforilación para obter a hidrólise do ATP a AMP e PPi.

AMP + ATP → 2 ADP
2 ADP + 2 Pi → 2 ATP

A síntese do tetraetil pirofosfato foi descrita por primeira vez en 1854 por Philip de Clermonunt nunha reunión da Academia Francesa de Ciencias.

O pirofosfato no organismo

A hidrólise dos enlaces anhidro dos fosfatos dos nucleótidos e do pirofosfato é a forma máis común de liberar enerxía na célula, que é usada para impulsar reaccións químicas e diversos traballos biolóxicos. En ausencia de catálise encimática a hidrólise espontánea do pirofosfato, do ADP ou do ATP é extremadamente lenta excepto en medios moi ácidos.[1]

Cando un nucleótido vai pasar a formar parte dun ácido nucleico, chega como nucleótido trifosfato, pero na reacción, catalizada por unha polimerase, libérase pirofosfato e o nucleótido incorpórase ao ácido nucleico como monofosfato. O contrario da polimerización é a pirofosforólise.

O PPi aparece no fluído sinovial, plasma sanguíneo, e urina en niveis suficientes para bloquear a calcificación e pode ser un inhibidor natural da formación de hidroxiapatito no fluído extracelular.[2] As células poden canalizar o PPi intracelular no fluído extracelular.[3] Coñécese unha canle non encimática da membrana plasmática para o pirofosfato chamada ANK, que se utiliza para manter os niveis extracelulares de PPi.[3] O funcionamento defectuoso desta canle está asociado con niveis extracelulares baixos de PPi e niveis intracelulares elevados.[2] A ectonucleótido pirofosfatase/fosfodiesterase 1 pode funcionar elevando a concentración de PPi extracelular.[3]

Exemplos

Sales de pirofosfato
Nome Fórmula Outro nome
dihidroxenopirofosfato de disodio Na2H2P2O7 E 450i
hidroxenopirofosfato de trisodio Na3HP2O7 E 450ii
pirofosfato de tetrasodio Na4P2O7 E 450iii
Ésteres de pirofosfato
Nome Fórmula
pirofosfato de dimetilalilo
adenosina difosfato

Véxase tamén

Notas e referencias

  1. Huebner PWA, Milburn RM (1980). "Hydrolysis of pyrophosphate to orthophosphate promoted by cobalt(III). Evidence for the role of polynuclear species". Inorg Chem. 19 (5): 1267–72. doi:10.1021/ic50207a032.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  2. 2,0 2,1 Ho AM, Johnson MD, Kingsley DM (2000). "Role of the mouse ank gene in control of tissue calcification and arthritis". Science. 289 (5477): 265–70. PMID 10894769. doi:10.1126/science.289.5477.265.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  3. 3,0 3,1 3,2 Rutsch F, Vaingankar S, Johnson K, Goldfine I, Maddux B, Schauerte P, Kalhoff H, Sano K, Boisvert WA, Superti-Furga A, Terkeltaub R (2001). "PC-1 nucleoside triphosphate pyrophosphohydrolase deficiency in idiopathic infantile arterial calcification". Am J Pathol. 158 (2): 543–54. PMC 1850320. PMID 11159191. doi:10.1016/S0002-9440(10)63996-X.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  • Serrano A. et al.: H+-PPases: yesterday, today and tomorrow. IUBMB Life. 2007;59(2):76–83, PMID 17454298
  • Baltscheffsky M.: Inorganic pyrophosphate as an energy donor in photosynthetic and respiratory electron transport phosphorylation systems. Biochem Biophys Res Commun. 1967;28(2):270–6, PMID 4291991
  • Huebner PWA, Milburn RM (May 1980). "Hydrolysis of pyrophosphate to orthophosphate promoted by cobalt(III). Evidence for the role of polynuclear species". Inorg Chem. 19 (5): 1267–72. doi:10.1021/ic50207a032.
  • Ho AM, Johnson MD, Kingsley DM (Jul 2000). "Role of the mouse ank gene in control of tissue calcification and arthritis". Science. 289 (5477): 265–70. doi:10.1126/science.289.5477.265. PMID 10894769.
  • Rutsch F, Vaingankar S, Johnson K, Goldfine I, Maddux B, Schauerte P, Kalhoff H, Sano K, Boisvert WA, Superti-Furga A, Terkeltaub R (Feb 2001). "PC-1 nucleoside triphosphate pyrophosphohydrolase deficiency in idiopathic infantile arterial calcification". Am J Pathol. 158 (2): 543–54. PMID 11159191.
  • Schröder HC, Kurz L, Muller WEG, Lorenz B (Mar 2000). "Polyphosphate in bone". Biochemistry (Moscow). 65 (3): 296–303. http://protein.bio.msu.su/biokhimiya/contents/v65/pdf/bcm_0296.pdf.

Ligazóns externas