Black Swan: Diferenzas entre revisións
engado máis da en.wiki |
agora faise en d:Wikidata |
||
Liña 72: | Liña 72: | ||
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]] |
[[Categoría:Cine producido nos Estados Unidos de América]] |
||
[[Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures]] |
[[Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures]] |
||
{{Ligazón AB|en}} |
Revisión como estaba o 3 de outubro de 2014 ás 16:44
O cisne negro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Black Swan |
Director | Darren Aronofsky |
Produtor | Scott Franklin Mike Medavoy Arnold Messer Brian Oliver |
Guión | Mark Heyman Andres Heinz John J. McLaughlin |
Intérpretes | Natalie Portman Mila Kunis Vincent Cassel Winona Ryder Barbara Hershey Christopher Gartin Sebastian Stan |
Música | Clint Mansell |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Andrew Weisblum |
Estudio | Phoenix Pictures |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures Cross Creek Pictures |
Estrea | 2010 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Thriller |
Orzamento | $13.000.000[1] |
Na rede | |
http://www.blackswan2010.com/ | |
Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror[2][3] dirixido por Darren Aronofsky que foi estreado en 2010. Está protagonizada por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis. O argumento xira arredor da obra Tchaikovsky O lago dos cisnes, intepretada por unha prestixiosa compañía de ballet de Nova York. A produción require dunha bailarina que sexa quen de interpretar ó inocente e fráxil Cisne Branco, que é perfecto para Nina (Portman), á vez que ó escuro e sensual Cisne Negro, que encaixa mellor coa nova bailarina Lily (Kunis). Nina é abrumada por un sentimento de inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, causándolle pérdidas da noción da realidade.
Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas Estadounidenses pola súa actuación neste filme.
Argumento
Unha compaña de ballet de Nova York está producindo O Lago dos Cisnes e o director Thomas Leroy (Vincent Cassel) decide trocar á bailarina principal Beth MacIntyre (Winona Ryder) por Nina Sayers (Natalie Portman). Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable do seu estado.
Nina vive con Erica (Barbara Hershey), a súa autoritaria nai e antiga bailarina que segue a tratala como a unha cativa de dez años, e atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compaña.
O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar ó inocente Cisne Branco, que lle acae moi ben á personalidade doce de Nina; e ó malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.
A rivalidade das dúas rapazas vólvese en amizade e Nina comeza a explorar o lado escuro da súa persoa que sobresae cada vez con máis forza.
Personaxes
- Natalie Portman como Nina Sayers
- Mila Kunis como Lily
- Vincent Cassel como Thomas Leroy
- Barbara Hershey como Erica Sayers
- Winona Ryder como Beth MacIntyre
- Benjamin Millepied como David Moreau
- Ksenia Solo como Veronica
- Kristina Anapau como Galina
- Janet Montgomery como Madeline
- Sebastian Stan como Andrew
- Toby Hemingway como Tom
Galardóns e nomeamentos
- 2010: 1 Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2010: 1 Globo de Ouro: Mellor Actriz (Portman). 4 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2010: 1 BAFTA: Mellor Actriz (Portman). 12 Nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor xove (Mila Kunis).
- 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Portman) e fotografía.
- 2010: Satellite Awards: 5 Nomeamentos, incluíndo director e actriz principal (Portman).
Notas
- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ "Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011.
- ↑ "'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Páxina Web oficial (en inglés)