Jesús Huerta de Soto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 8: Liña 8:


===Pensamento===
===Pensamento===
Huerta de Soto, ideoloxicamente falando, afirma a superioridade teórica do [[anarcocapitalismo]] sobre o [[liberalismo clásico]].<ref>Revista Procesos de mercado, ''[http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_revistaprocesos/art_vol.iv_n2.pdf Liberalismo versus anarcocapitalismo]'', volume 4 número 2 (2007)</ref> Tamén sostén a necesidade dun cambio total do actual sistema económico: regreso ao [[patrón ouro]] e [[coeficiente de caixa]] de bancos do 100%. Huerta de Soto comparte con outros pensadores, como [[Murray Rothbard]], a tese de que a [[Escola de Salamanca]] no [[Século de Ouro]] é un precedente filosófico, xurídico e económico dalgunhas teses [[liberalismo libertario|libertarias]] e que é o berce do que hoxe chamamos [[ciencia económica]].<ref>[http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_nuevosestudios/cap18.pdf ''In memoriam M.N. Rothbard''], véxase ''Raíces salmantinas da escola austriaca'', por Jesús Huerta de Soto</ref>.
Huerta de Soto, ideoloxicamente falando, afirma a superioridade teórica do [[anarcocapitalismo]] sobre o [[liberalismo clásico]].<ref>Revista Procesos de mercado, ''[http://web.archive.org/web/20120107225831/http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_revistaprocesos/art_vol.iv_n2.pdf Liberalismo versus anarcocapitalismo]'', volume 4 número 2 (2007)</ref> Tamén sostén a necesidade dun cambio total do actual sistema económico: regreso ao [[patrón ouro]] e [[coeficiente de caixa]] de bancos do 100%. Huerta de Soto comparte con outros pensadores, como [[Murray Rothbard]], a tese de que a [[Escola de Salamanca]] no [[Século de Ouro]] é un precedente filosófico, xurídico e económico dalgunhas teses [[liberalismo libertario|libertarias]] e que é o berce do que hoxe chamamos [[ciencia económica]].<ref>[http://web.archive.org/web/20040324154754/http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_nuevosestudios/cap18.pdf ''In memoriam M.N. Rothbard''], véxase ''Raíces salmantinas da escola austriaca'', por Jesús Huerta de Soto</ref>.


==Galardóns==
==Galardóns==

Revisión como estaba o 2 de setembro de 2014 ás 19:19

Ficheiro:HuertadeSoto.jpg
Jesús Huerta de Soto.

Jesús Huerta de Soto, nado en Madrid en 1956, é un economista español da escola de Viena e doutor en Dereito (1984) e en Ciencias Económicas e Empresariais (1992).

Traxectoria

Obtivo dous títulos de doutor: en Dereito, en 1984, e en Ciencias Económicas e Empresariais, en 1992, ambos pola Universidade Complutense de Madrid. Foi alumno tamén da Universidade de Stanford na que obtivo o título de MBA. Profesor de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid desde 1979, actualmente é catedrático na Facultade de Ciencias Xurídicas e Sociais da Universidade Rey Juan Carlos. En 1983 obtivo o Premio Extraordinario de Economía Rei Xoán Carlos, sendo o economista máis novo en obtelo.

Huerta de Soto, ademais, pertence ao Instituto Ludwig von Mises, ao equipo de dirección da Sociedade Mont Pelerin, ao consello editorial do Quarterly Journal of Austrian Economics e é co-fundador da Sociedade para o Estudo da Acción Humana. Tamén colabora co Instituto Juan de Mariana de Madrid.

Pensamento

Huerta de Soto, ideoloxicamente falando, afirma a superioridade teórica do anarcocapitalismo sobre o liberalismo clásico.[1] Tamén sostén a necesidade dun cambio total do actual sistema económico: regreso ao patrón ouro e coeficiente de caixa de bancos do 100%. Huerta de Soto comparte con outros pensadores, como Murray Rothbard, a tese de que a Escola de Salamanca no Século de Ouro é un precedente filosófico, xurídico e económico dalgunhas teses libertarias e que é o berce do que hoxe chamamos ciencia económica.[2].

Galardóns

En febreiro de 2005 recibiu o Premio Adam Smith outorgado anualmente polo Centro para a Nova Europa (CNE) pola súa obra científica, de recoñecemento internacional, e as súas achegas á teoría austríaca do ciclo económico no seu libro "Dinero, crédito bancario y ciclos económicos"[3].

En 2009 a Universidade Francisco Marroquín, de Guatemala, outorgoulle un doutoramento honoris causa.[4]

Obra

  • Planes de pensiones privados (1984)
  • Lecturas de Economía Política (1987)
  • Socialismo, Cálculo Económico y Función Empresarial (1992)
  • Estudios de Economía Política (1994)
  • Dinero, Crédito Bancario y Ciclos Económicos (1998)
  • La Escuela Austriaca: mercado y creatividad empresarial (2000)
  • Nuevos estudios de economía política.

Notas

  1. Revista Procesos de mercado, Liberalismo versus anarcocapitalismo, volume 4 número 2 (2007)
  2. In memoriam M.N. Rothbard, véxase Raíces salmantinas da escola austriaca, por Jesús Huerta de Soto
  3. Brussels's Capitalist Ball Honours Heroes of Liberty
  4. Doutoramentos Honoris Causa, Universidade Francisco Marroquín

Véxase tamén

Ligazóns externas