Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m caixa sucesión
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Eustaquio Ilundáin y Esteban''', nado en [[Pamplona]] o [[20 de setembro]] de [[1862]] e falecido en [[Sevilla]] o [[10 de agosto]] de [[1937]], foi [[bispo]] de [[Ourense]] entre os anos [[1904]] e [[1920]] e posteriormente [[arcebispo]] de [[Sevilla]] ata a súa morte.
'''Eustaquio Ilundáin y Esteban''', nado en [[Pamplona]] o [[20 de setembro]] de [[1862]]<ref>{{cita libro |título=La Iglesia y la Guerra Española |autor=Luis Aguirre Prado |editor=SIE |ano=1964 |lingua=castelán |páxina=54}}</ref> e falecido en [[Sevilla]] o [[10 de agosto]] de [[1937]], foi [[bispo]] de [[Ourense]] entre os anos [[1904]] e [[1920]] e posteriormente [[arcebispo]] de [[Sevilla]] ata a súa morte.


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Liña 16: Liña 16:
|sucesor= [[Florencio Cerviño González]]}}
|sucesor= [[Florencio Cerviño González]]}}
{{End box}}
{{End box}}
== Notas ==

{{Listaref}}
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2014 ás 11:58

Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862[1] e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937, foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.

Traxectoria

Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Ciudad Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.

Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.

En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Pascual Carrascosa
 
Bispo de Ourense
 
1904 - 1920
Sucesor:
Florencio Cerviño González

Notas

  1. Luis Aguirre Prado (1964). SIE, ed. La Iglesia y la Guerra Española (en castelán). p. 54. 

Véxase tamén

Ligazóns externas