Tetrapirrol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:


Os tetrapirrois '''cíclicos''' presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:
Os tetrapirrois '''cíclicos''' presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:
* As [[porfirina]]s. Por exemplo o [[hemo]], que deriva da [[protoporfirina IX]] e contén ferro, e forma o [[grupo prostético]] da [[hemoglobina]], mioglobina, citocromos, catalases e peroxidases.
* As [[porfirina]]s. Por exemplo o [[hemo]], que deriva da [[protoporfirina IX]] e contén ferro, e forma o [[grupo prostético]] da [[hemoglobina]], [[mioglobina]], [[citocromo]]s, [[catalase]]s e [[peroxidase]]s.
* As [[clorina]]s. As máis importantes son as [[clorofila]]s, por exemplo a clorofila ''a'', que tamén conteñen unha protoporfirina IX modificada e presentan magnesio.
* As [[clorina]]s. As máis importantes son as [[clorofila]]s, por exemplo a clorofila ''a'', que tamén conteñen unha protoporfirina IX modificada e presentan magnesio.
* As [[corrina]]s, que cambiaron unha das pontes metino convencionais por un enlace directo interpirrólico.
* As [[corrina]]s, que cambiaron unha das pontes metino convencionais por un enlace directo interpirrólico.

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2014 ás 19:36

Algunhas formas pirrólicas (Pirrol, Porfina, Porfirina, Porfirinóxeno.

Un tetrapirrol é un composto que contén catro aneis pirrol. Coa excepción da corrina, os catro aneis pirrólicos están interconectados por medio de pontes dun carbono, que poden ser metino ou metileno (tamén chamado meteno), tanto con disposición linear coma cíclica. Debido á súa capacidade de formaren complexos metálicos e aos seus dobres enlaces conxugados que absorben luz, estes compostos son moi importantes nos sistemas biolóxicos.

Tipos

Poden ser de dous tipos: lineares e cíclicos.

Os tetrapirrois lineares (bilanos) presentan tres pontes dun carbono. Entre eles están:

  • Produtos da degradación do grupo hemo, como por exemplo os pigmentos biliares como a bilirrubina.
  • As ficobilinas, pigmentos captadores de luz propios das cianobacterias, como a ficocianobilina e a ficoeritrobilina.
Un exemplo de tetrapirrol linear é a ficocianobilina.

Os tetrapirrois cíclicos presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:

Bibliografía

  • J. M. Macarulla, F. M. Goñi, Biomoléculas. Reverté s.a.

Véxase tamén

Ligazóns externas