Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Os '''Comités Abertos de Escola e Faculdade''' ('''CAF-CAEF''') foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O [[10 de maio]] de 2008 disolveuse para formar cos [[CAE]] unha nova organización, [[Comités]]. En 2011 foi constituída a [[Liga Estudantil Galega]] como organización do estudantado nacionalista galego.
Os '''Comités Abertos de Escola e Faculdade''' ('''CAF-CAEF''') foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O [[10 de maio]] de 2008 disolveuse para formar cos [[CAE]] unha nova organización, [[Comités]]. No ano [[2011]] constituise a [[Liga Estudantil Galega]] que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpria o papel dos CAF no ensino medio eran os [[Comités Abertos de Estudantes]] (CAE).


==Historia==
== Historia ==
Durante a efervescencia das loitas na [[Universidade de Santiago]], nos primeiros anos oitenta do [[século XX]], foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano [[1986|86]] nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como [[CAMAE]], seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros [[campus universitario|campus]], e só foi a partir da segregación das universidades de [[Universidade da Coruña|A Coruña]] e [[Universidade de Vigo|Vigo]] que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus. Nas orixes funcionaba a nivel de [[Asemblea de Faculdade]] e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.
Durante a efervescencia das loitas na [[Universidade de Santiago]], nos primeiros anos oitenta do [[século XX]], foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano [[1986|86]] nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como [[CAMAE]], seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros [[campus universitario|campus]], e só foi a partir da segregación das universidades de [[Universidade da Coruña|A Coruña]] e [[Universidade de Vigo|Vigo]] que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus. Nas orixes funcionaba a nivel de [[Asemblea de Faculdade]] e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.


Dende a súa creación, coa disolución de [[ERGA]], no 1988, os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego, presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.
Dende a súa creación, coa disolución de [[ERGA]], no [[1988]], os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego, presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.


Aínda que nos anos 90 apareceu o [[Movemento Estudantil Universitario]] como reacción ao que estes denunciaron como ''seguidismo ad UPG'' por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.
Aínda que nos anos 90 apareceu o [[Movemento Estudantil Universitario]] como reacción ao que estes denunciaron como ''seguidismo da UPG'' por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.


No ano 2008 as repetidas crises internas dos CAF e os CAE levan á súa disolución. De forma extraoficial a xente que viñera participando destas organizacións migraría cara [[Comités]], que se define como sucesora dos CAF-CAE.
No ano [[2008]] as repetidas crises internas dos CAF e CAE levan á súa unificación nun novo proxecto, os [[Comités]], porén non se deu solución aos problemas que se viñan dado nas organizacións anteriores.


== Estrutura ==
A organización paralela aos CAF no ensino medio eran os [[Comités Abertos de Estudantes]] (CAE).

==Estrutura==
O órgano básico de organización dos CAF son os Comités de Centro, que elixen un ou unha responsábel de Comité.
O órgano básico de organización dos CAF son os Comités de Centro, que elixen un ou unha responsábel de Comité.


Liña 23: Liña 21:
O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, tiña 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.
O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, tiña 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.


==Composición==
== Composición ==
Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións de esquerda que operaban na universidade ([[BNG]],[[PSG-EG]],[[MCG]],[[PCPG]]..), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de [[Galiza Nova]] e persoas sen afiliación política.
Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións da esquerda nacionalista que operaban na universidade ([[BNG]], [[PSG-EG]], [[MCG]], [[PCPG]]...), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de [[Galiza Nova]] e persoas sen afiliación política.


==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.comitesabertos.org Web oficial dos CAF]
* [http://www.comitesabertos.org Páxina web oficial dos Comités]
* [http://ligaestudantilgalega.info/ Páxina web oficial da Liga Estudantil Galega]


[[Categoría:Asociacións de estudantes]]
[[Categoría:Asociacións de estudantes]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2014 ás 15:48

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar cos CAE unha nova organización, Comités. No ano 2011 constituise a Liga Estudantil Galega que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpria o papel dos CAF no ensino medio eran os Comités Abertos de Estudantes (CAE).

Historia

Durante a efervescencia das loitas na Universidade de Santiago, nos primeiros anos oitenta do século XX, foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano 86 nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como CAMAE, seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros campus, e só foi a partir da segregación das universidades de A Coruña e Vigo que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus. Nas orixes funcionaba a nivel de Asemblea de Faculdade e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.

Dende a súa creación, coa disolución de ERGA, no 1988, os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego, presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.

Aínda que nos anos 90 apareceu o Movemento Estudantil Universitario como reacción ao que estes denunciaron como seguidismo da UPG por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.

No ano 2008 as repetidas crises internas dos CAF e CAE levan á súa unificación nun novo proxecto, os Comités, porén non se deu solución aos problemas que se viñan dado nas organizacións anteriores.

Estrutura

O órgano básico de organización dos CAF son os Comités de Centro, que elixen un ou unha responsábel de Comité.

A nivel campus, os CAF organizábase en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos Comités do mesmo campus no cal se elixía un ou unha Responsábel de Campus.

Esta Asemblea delegaba responsabilidades nos Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus. Os Consellos estaban conformados, como mínimo, pola responsabilidade de Campus, as e os responsábeis de cada Comité de Centro e, no seu caso, por outras responsabilidades delegadas da Asemblea de Campus (historicamente foron as responsabilidades Institucional, Muller, Finanzas, Comunicación, e Formación).

O máximo órgano de decisión dos CAF era a súa Asemblea Nacional, que se reunía cunha periodicidade bianual.

O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, tiña 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.

Composición

Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións da esquerda nacionalista que operaban na universidade (BNG, PSG-EG, MCG, PCPG...), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de Galiza Nova e persoas sen afiliación política.

Véxase tamén

Ligazóns externas