Conversa:Comités Abertos de Faculdade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Traducí la página para la wikipedia en español. No sé gallego, así que es posible que tuviese algún fallito. ¿no hay un artículo sobre AGIR?.

--Tamanca 22:39, 29 xaneiro 2006 (UTC)

Incorreccións e falta de neutralidade[editar a fonte]

Este artigo está plagado de incorreccións, nos consellos de campus habia un so representante por Facultade e ademais existian persoas con responsabilidades a nivel campus, a liña de actuación a nivel nacional tiñan por suposto a súa importancia e non se pode entender a creación dos CAF sen ter en conta ERGA organización a que se pretendía sustituir. Por outra banda non se ten en conta que na Universidade esistían outras tendencias políticas de esquerda na liña do PSOE galego que tiñan as súas propias organizacións inda que con menor presencia sobretodo a finais dos 90.

Tamén e importante destacar que os CAF se definen como unha organización de non so de esquerdas senon claramente nacionalista. Sería interesante tamén falar da escisión dunha parte dos CAF a mediados dos 90 motivada por tensións políticas entre os diferentes colectivos xuvenís que formaban o BNG e en concreto entre a UMG e Esquerda Nacionalista Mocidade que provocou que esta última creara MEU conxuntamente con outras persoas "independentes" pero críticas co papel da UMG nos CAF e que motivou a renuncia de Galiza Nova a manter unha liña política propia dentro dos CAF como sucedera até ese momento. Falando de escisións a saida dos militantes de Primeira Linha do BNG se transladou aos CAF e este foi un dos motores da creación de AGIR coa importante participación de persoas que pertencian a AMI na búsqueda dunha unidade de acción do independentismo de esquerdas na Universidade.

Earelin 07:00, 23 febreiro 2006 (UTC)

  • Se podes mellorar o artigo, adiante. Vese que coñeces o tema, e sen dúbida será interesante contar coas túas achegas no artigo.--Rocastelo(fálame aquí) 17:20, 23 febreiro 2006 (UTC)