Portal:Historia/Artigo destacado/9: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Portal:Historia/Artigo Destacado/modelo |imaxe=Finn ski troops.jpg |tamaño=150px |pé=Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940. |texto=A '''Guerra de Inv..."
 
JaviP96 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Portal:Historia/Artigo Destacado/modelo
{{Portal:Historia/Artigo destacado/modelo
|imaxe=Finn ski troops.jpg
|imaxe=Finn ski troops.jpg
|tamaño=150px
|tamaño=150px

Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2014 ás 20:16

Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940.

A Guerra de Inverno (finés: talvisota, sueco: vinterkriget, ruso: Зимняя война) foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda Guerra Mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940, coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, e a reputación internacional do país sufriu. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país. Os fineses, porén, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.