Moira: Diferenzas entre revisións
Esta achega baséase na tradución da versión española da Wikipedia [es:Salmuera] |
mSen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
*''Este artigo trata sobre a auga saturada de sal, para as personaxes mitolóxicas, véxase o artigo '''[[Moiras]]'''.'' |
|||
[[Ficheiro:SaltInWaterSolutionLiquid.jpg|thumb|180px|Engadir sal á auga produce unha moira.]] |
[[Ficheiro:SaltInWaterSolutionLiquid.jpg|thumb|180px|Engadir sal á auga produce unha moira.]] |
||
A '''moira'''<ref>Nomes galegos en Portal das Palabras - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=moira&sinom=0&homonimo=</ref> ou '''salmoira''' é a [[auga]] saturada de sal, particularmente aquela na que se conservan carnes, peixes e outros alimentos. É unha auga cunha alta concentración de [[Cloruro sódico|sal]] ([[NaCl]]) [[Disolución|disolta]]. Existen ríos e lagos salgados onde non hai vida polo exceso de sal e de onde se extrae a moira, principalmente para obter o seu sal evaporando a auga en [[salina]]s. A moira pode ser velenosa para algúns animais que beben desta. |

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2014 ás 16:47
- Este artigo trata sobre a auga saturada de sal, para as personaxes mitolóxicas, véxase o artigo Moiras.
A moira[1] ou salmoira é a auga saturada de sal, particularmente aquela na que se conservan carnes, peixes e outros alimentos. É unha auga cunha alta concentración de sal (NaCl) disolta. Existen ríos e lagos salgados onde non hai vida polo exceso de sal e de onde se extrae a moira, principalmente para obter o seu sal evaporando a auga en salinas. A moira pode ser velenosa para algúns animais que beben desta.
Por extensión, tamén se lle chama moira a disolucións altamente concentradas doutros sales. Son exemplos disto a moira de cloruro de calcio e a de dicromato sódico.
A salmoira distínguese da auga salobre en que esta última ten unha menor concentración de sal.
Usos
En 1800, Alessandro Volta usou a moira xunto co cobre e o cinc para crear a pila voltaica.
Outros usos máis comúns son:
- Para a conservación e curado de certos alimentos, ademais de funcionar como un elemento culinario. Almacenado en frascos de moira fanse os cogombros ou encurtidos.
- En sistemas de refrixeración, como medio de transmisión de calor, xa que debido ao seu baixo punto de conxelación (solidificación), utilízase coma refrixerante secundario.
- Para desfacer a neve en estradas.
- Para a purificación e limpeza do mesmo sal, para o uso deste en aplicacións de consumo humano e noutras actividades que requiren sal de alta pureza.
- Antigamente, os mariñeiros utilizábana para endurecer ou curtir a pel das mans.
- Xunto co vapor pode xerar un fluído motor para mover turbinas e xerar electricidade.
- En procesos de estimulación de pozos de petróleo.
Notas
- ↑ Nomes galegos en Portal das Palabras - http://portaldaspalabras.org/buscador?palabra=moira&sinom=0&homonimo=