Diferenzas entre revisións de «Amor»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: "de:Liebe" é un artigo bo; cambios estética
m (Bot: "de:Liebe" é un artigo bo; cambios estética)
O amor é un estado mental que crece ou decrece dependendo de como se [[retroalimentación|retroalimente]] ese sentimento na relación dos que compoñen o [[núcleo]] amoroso. A retroalimentación depende de varios factores, ben sexa polo comportamento da persoa amada, polos seus atributos involuntarios ou polas necesidades particulares da persoa que ama.
 
== Consideracións con respecto ao amor ==
[[Ficheiro:Love heart uidaodjsdsew.gif|miniatura|180px|Os corazóns son uns dos símbolos do amor]]
Nas relacións do ser humano co seu medio, o amor pode significar unha ou máis dunha das seguintes manifestacións do termo "amor":
# '''Amor por un [[deus]] ou unha [[deidade]] ([[devoción]]):''' nace na educación que desde pequenos se recibe. O anhelo que de adultos se sente polo sentimento infantil de sentirse protexidos produce apego á esa figura abstracta.
# '''[[narcisismo|Amor persoal]].''' (Narcisismo)
# '''Amor propio'''. Nun sentido arcaico, é o amor no que non se ten en conta máis que a un a mesmo, egoistamente; [[egoísmo]]. Nun sentido usual actual é o sentimento da valía persoal e da propia dignidade.
 
== Definicións segundo os filósofos ==
* [[Platón]]: "Todo desexo das cousas boas e de ser feliz é amor".
* [[Descartes]]: "O amor é unha emoción da alma causada polo movemento dos espíritos que incita a unirse de vontade aos obxectos que parecen ser convenientes"
* [[Spinoza]]: "O Amor non é outra cousa ca un gozo acompañado da idea dunha causa exterior, [..] o que ama esforzarase necesariamente en ter presente e en conservar a cousa que ama."
* [[Hegel]]: "Amor significa conciencia da miña unidade con outro, de tal maneira que non estou para min illado, senón que consigo a miña autoconciencia ao abandonar o ser para si e saberme como unidade do outro comigo."
* [[Unamuno]]: "Non hai verdadeiro amor senón na dor, e neste mundo hai que escoller entre o amor, que é a dor, ou a dita."
 
== Amor platónico ==
Amor platónico é unha expresión que, no seu uso común, pretende referirse á visión filosófica que tivo [[Platón]] sobre o '''amor''', aínda que a malinterpreta por completo<ref>Ver ''[[O banquete]]''.</ref>. Esta denominación popular ten como significado o amor non correspondido ou imposible que, por iso, persiste como un ideal, inalcanzable. Isto é radicalmente diferente da concepción platónica de '''eros''' ou '''amor''', e constitúe unha vulgarización inaceptable da súa teoría.
 
Propiamente dito, e segundo a filosofía de Platón, tal como el se expresa na obra ''[[O banquete]]'', o amor é a motivación, o impulso que leva ao coñecemento da Idea de [[Beleza]], así como á contemplación da mesma. Esta orientación prodúcese nun proceso gradual que comeza coa apreciación da aparencia da beleza nunha persoa (a beleza puramente física), continúa coa beleza física en xeral, e logo avanza cara a apreciación da beleza espiritual (a do carácter, a da alma), a da beleza das leis e os costumes na sociedade, a que se atopa nas artes e nas ciencias, etc. Todos estes pasos deben finalmente superarse ata alcanzar o punto cume do proceso: o coñecemento apaixonado, puro e desinteresado, da esencia da Beleza en si, que se mantén incorruptible e sempre igual a si mesma. O coñecemento da Idea da Beleza é o único que é fermoso en si mesmo e por si mesmo, en cuanto aquilo que é causa de que todo o fermoso sexa fermoso. Nisto consiste a "idealidade" do amor platónico: non en ter un amor inalcanzable, senón en amar as Formas ou Ideas eternas, intelixibles, e perfectas. No hai en absoluto elementos sexuais, sinxelamente porque o auténtico amor para Platón no é o que se dirixe a unha persoa senón o que se orienta cara á esencia transcendente da Beleza en si.
 
O concepto moderno do amor platónico foi desenvolvido nas investigacións que [[Marsilio Ficino]] levou a cabo ao sintetizar o platonismo na época [[Renacemento|Renacentista]], por orden de [[Cósimo de Médici]], gobernante de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. «O seu '[[neoplatonismo]]' baseouse en dúas ideas fundamentais: a xerarquía neoplatónica das substancias e a teoría do amor espiritual. A primeira postulaba a idea dunha xerarquía das substancias, ou dunha gran cadea de seres, desde a forma máis baixa da materia física (as plantas), ata o máis puro espírito ([[Demiurgo]], o deus de Platón), na cal os humanos ocupaban unha posición central, ou intermedia. Eran o vínculo entre o mundo material e o mundo espiritual, e o seu supremo deber era ascender cara a unión co Demiurgo, a cal, constituía o verdadeiro fin da existencia humana. A teoría de Ficino respecto ao amor platónico, ou espiritual, afirmaba que, ao igual que a xente está unida na súa común humanidade grazas ao amor, desa mesma forma todas as partes do universo mantéñense unidas polos lazos do amor compasivo»<ref>Spielvogel, 2003.</ref>.
 
== Mitoloxía ==
[[Ficheiro:Aphrodite8.jpg|miniatura|Afrodita era a deusa do amor para os antigos gregos.]]
As diferentes [[cultura]]s identificaron o amor con [[deus|deidades]], comunmente tanto na forma masculina como na feminina.
* [[Tara|Tara Verde]]: identificada co amor maternal e a compaixón no [[budismo]].
* [[Palden Lhamo]]: identificada co amor maternal e a compaixón no budismo [[Tíbet|tibetano]].
* [[Áine]]: deusa da fertilidade e do amor apaixonado na [[mitoloxía irlandesa]].
* [[Aengus]]: deus da beleza, mocidade e amor sensual na mitoloxía irlandesa.
* [[Afrodita]]: deusa da beleza e o amor apaixonado na [[mitoloxía grega]].
* [[Eros]]: deus do amor apaixonado na mitoloxía grega.
* [[Cupido]]: deus do amor apaixonado na [[mitoloxía romana]].
* [[Venus (deusa)|Venus]]: deusa da beleza e o amor apaixonado na mitoloxía romana.
* [[Freia]]: deusa do amor na [[mitoloxía nórdica]].
* [[Kamadeva]]: deusa do amor sensual na [[mitoloxía hindú]].
* [[Rati]]: deusa do amor apaixonado na mitoloxía hindú.
* [[Radha]]: deusa do amor divino ideal na mitoloxía hindú.
* [[Lakshmi]]: deusa do amor e a fortuna na mitoloxía hindú.
* [[Xochipilli]]: deus do amor na [[mitoloxía azteca]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Amor}}
{{Wikiquote|Amor}}
{{Wiktionary|Amor}}
=== Outros artigos ===
* [[Odio]]
* [[Paixón]]
{{Ligazón AB|de}}
 
[[Categoría:Psicoloxía]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Filosofía e psicoloxía)]]
 
{{LigazónLink ABGA|de}}
76.277

edicións

Menú de navegación