Audiovisual: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
o mesmo problema que marca o artigo de orixe
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
O termo '''audiovisual''' ('''AV, ou A/V''') fai referencia a obras cos compoñentes do [[son]] e da [[imaxe]], á produción ou uso desas obras, ou ó equipamente empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os [[filme]]s e os programas de [[televisión]].
O termo '''audiovisual''' ('''AV, ou A/V''') fai referencia a obras cos compoñentes do [[son]] e da [[imaxe]], á produción ou uso desas obras, ou ó equipamente empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os [[filme]]s e os programas de [[televisión]].


Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.
Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Barman|nome=Charles|título=Slide-Tape Presentations on a Classroom Budget|revista=University of California Press|ano=1984|mes=Setembro|volume=46|serie=The American Biology Teacher|número=6|páxinas=344|url=http://www.jstor.org/discover/10.2307/4447864?uid=3737952&uid=2&uid=4&sid=21103423463323|dataacceso=30 de xaneiro de 2014}}</ref>


== Percepción do audiovisual ==
== Percepción do audiovisual ==
Liña 12: Liña 12:
===Percepción auditiva===
===Percepción auditiva===
O [[son]] é unha [[vibración]] que se transmite a través dun [[medio ambiente|medio]]. Estas vibracións transmítense pola [[orella]] a través dos [[ósos do oído]], dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.
O [[son]] é unha [[vibración]] que se transmite a través dun [[medio ambiente|medio]]. Estas vibracións transmítense pola [[orella]] a través dos [[ósos do oído]], dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.

== Notas ==
{{Listaref}}


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2014 ás 01:11

Os compoñentes de alta calidade audiovisual reproducen a experiencia dun concerto en directo.

O termo audiovisual (AV, ou A/V) fai referencia a obras cos compoñentes do son e da imaxe, á produción ou uso desas obras, ou ó equipamente empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os filmes e os programas de televisión.

Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.[1]

Percepción do audiovisual

Percepción visual

O ollo humano percibe a luz, unha parte do espectro electromagnético. O ollo recibe os estímulos dos raios de luz procedentes da contorna que atravesan o cristalino incidindo na parte posterior do ollo coñecida como retina. Alí estimulan uns foto-receptores (bastóns e conos), estes de tres tipos diferentes, sensíbeis a tres lonxitudes de onda distintas que permiten ver en tricromía, e que envían impulsos nerviosos a través do nervio óptico cara á cortiza cerebral encargada da visión, creándose así as imaxes percibidas. Xa que cada un dos ollos ten unha visión lixeiramente diferente dun obxecto, o cerebro debe encargarse de fusionar as imaxes para crear un efecto tridimensional (estereoscópico), permitindo percibir de forma instantánea a profundidade e a distancia. Na retina, ademais, dase o fenómeno da persistencia retiniana, que permite crear a sensación de movemento, aínda que realmente o percibido sexa unha sucesión de imaxes fixas a unha determinada velocidade.

Percepción auditiva

O son é unha vibración que se transmite a través dun medio. Estas vibracións transmítense pola orella a través dos ósos do oído, dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.

Notas

  1. Barman, Charles (1984). "Slide-Tape Presentations on a Classroom Budget". University of California Press. The American Biology Teacher 46 (6): 344. Consultado o 30 de xaneiro de 2014.  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos