Manuel Viturro Posse: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Xas (conversa | contribucións)
m + imaxe
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Manuel Viturro Posse.jpg|miniatura|150px|Retrato de Manuel Viturro Posse en ''[[Coruña Moderna]]'', 1906.]]
'''Manuel Viturro Posse''', nado en [[Rianxo]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de marzo]] de [[1936]], foi un avogado e político galego.
'''Manuel Viturro Posse''', nado en [[Rianxo]] e finado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de marzo]] de [[1936]], foi un avogado e político galego.



Revisión como estaba o 29 de novembro de 2013 ás 14:54

Retrato de Manuel Viturro Posse en Coruña Moderna, 1906.

Manuel Viturro Posse, nado en Rianxo e finado na Coruña o 13 de marzo de 1936, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Fillo de Manuel Viturro Rivera. Foi alcalde de Noia a finais do século XIX, cargo do que foi suspendido a principios de 1893. Foi secretario da Deputación da Coruña dende 1896. Líder do Partido liberal en Rianxo, logo de que en 1907 Ramón Tojo Pérez pasase ás filas conservadoras do Marqués de Figueroa, converteuse no home de confianza da familia Gasset. Aparece caricaturizado como cacique por Castelao en El Barbero Municipal. Foille concedida a gran cruz de Isabel la Católica en 1920. En 1923 foi cesado como secretario da Deputación.

Casou con Elena Somoza Hartley e foi pai de Manuel Viturro Somoza.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Noia
 
1891 - 1892
Sucesor:
?