Carneiro alado de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa
edición táboa
Liña 4: Liña 4:
|headerstyle = background:#ccf;
|headerstyle = background:#ccf;
|labelstyle = background:#ddf;
|labelstyle = background:#ddf;
|title = Carneiro alado de Burela
|title = Carneiro alado de Ribadeo
|image1 =
|image1 =
|label1 = Material:
|label1 = Material:

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2013 ás 00:12

Carneiro alado de Ribadeo
Material:Ouro
Peso:50 gr
Medidas:6,5 cm de lonxitude
6,4 cm de altura
2 cm de ancho
Ano da descuberta:1945
Lugar:Galicia ría de Ribadeo
Data:Descoñecida
Museo:Museo Provincial de Lugo
Propiedade:Herdeiros de Álvaro Gil Varela

O Carneiro alado de Ribadeo é unha peza artística de ouro que foi descuberta por casualidade en 1945 debido a uns traballos de dragado da ría de Ribadeo. Descoñécese a data e orixe exacta desta peza. Forma parte do depósito de Álvaro Gil Varela no Museo Provincial de Lugo que foi levado o 17 de abril de 1976, xunto con outras pezas procedentes da súa colección particular, como o Torque de Burela.

O responsable de Difusión do Museo, Fernando Arribas Arias, localizou outra peza semellante no museo da Fundación Abegg de Suíza. O carneiro alado de Ribadeo foi exposto ó público por primeira vez na celebración do Coloquio Internacional do Bimilenario de Lugo.[1] A peza motivou estudos de especialistas como Antonio Blanco Freijeiro e Juan Maluquer de Motes, que estableceron teorías sobre a súa orixe e antigüidade. Blanco Freijeiro apuntou a posibilidade de que fose castrexa prerromana con influencia tartésica. Maluquer fixa como época máis probable a comprendida entre os anos -525 e -475.

Descrición

A peza é de pequenas dimensións (6,5 x 6,4 x 2 cm) e un peso aproximado duns 50 gr. Está formada por láminas de oro repuxadas e decoradas antes de seren soldadas ó corpo, sendo oca no interior. Caracterízase pola abundante decoración de granulados e filigranas que cobren completamente o corpo do carneiro, mesmo na parte interior das patas e das ás. No peito e na parte superior das patas dianteiras aparecen unhas flores de seis pétalos. Nas patas traseiras aparece unha figura dun animal coa cabeza volta cara atrás e con cornos. Na parte central do animal atopamos a representación dunha ave coas ás estendidas. A cabeza da figura, botada cara atrás, presenta unha separación do corpo por medio dunha banda ancha e lisa a modo de colar. As ás están tamén profusamente decoradas, dividíndose en tres rexistros por medio de liñas de granulado. Por último, a cola amosa un tratamento distinto, usando unha lámina lisa de ouro con decoración de glóbulos sobre rodeis, colocados en liñas lonxitudinais.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas