Grupo irmán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
{{entradución}}
'''Grupo irmán''' (ou os termos similares '''taxón irmán''', '''clado irmán'''; en inglés ''sister group'') é un termo utilizado na [[sistemática]] [[cladística]]. En [[filoxenética]] dous [[taxon]]s que forman xuntos un taxon [[monofilético]] dise que son, un con respecto ao outro, un grupo irmán'''.
'''Grupo irmán''' (ou os termos similares '''taxon irmán''', '''clado irmán'''; en inglés ''sister group'') é un termo utilizado na [[sistemática]] [[cladística]]. En [[filoxenética]] dous [[taxon]]s que forman xuntos un taxon [[monofilético]] dise que son, un con respecto ao outro, un grupo irmán'''.


Por exemplo, nesta clasificación dos [[Hominoidea]], o grupo dos [[Panini]] ([[chimpancé]]s) e os os [[Hominini]] ([[humano]]s) son dous grupos irmáns e xuntos forman o taxon dis [[Homininae]].
Por exemplo, nesta clasificación dos [[Hominoidea]], o grupo dos [[Panini]] ([[chimpancé]]s) e os os [[Hominini]] ([[humano]]s) son dous grupos irmáns e xuntos forman o taxon dis [[Homininae]].

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2013 ás 17:45

Grupo irmán (ou os termos similares taxon irmán, clado irmán; en inglés sister group) é un termo utilizado na sistemática cladística. En filoxenética dous taxons que forman xuntos un taxon monofilético dise que son, un con respecto ao outro, un grupo irmán.

Por exemplo, nesta clasificación dos Hominoidea, o grupo dos Panini (chimpancés) e os os Hominini (humanos) son dous grupos irmáns e xuntos forman o taxon dis Homininae.

Superfamília dos hominoideos.

O termo grupo irmán refírese aos grupos relacionados máis estreitamente nunha árbore filoxenética.[1] A expresión grupo irmán queda máis facilmente ilustrada por un cladograma:

A

B

C

O grupo irmán de A é B e o de B é A. Estes dous grupos en conxunto con todos os seus descendentes que proceden dun último antepasado común, constitúen un clado; o grupo irmá dese clado conxunto é C (pero C non é irmá de A ou de B, senón do clado de A e B en conxunto). A totalidade deste cladograma se enraizaría nunha árbore máis grande, no que se poderían atopar maís grupos irmáns nos diferentes ordes de ramificación. Nos estándares cladísticos A, B, e C poden aquí representar especies ou taxons. En caso de que representen especies pode usarse o termo especie irmá (ou igual para outro taxon que se tratase).

O termo grupo irmán sempre se utiliza en relación ás análises filoxenéticas. Un exemplo moi citado é o das aves das cales un grupo irmá actual serían os crocodilos.[2][3] Por tanto, o termo grupo irmá debe verse como un termo relativo.[4]

Pode haber tres grupos irmáns ou máis, a condición de que entre eles haxa un mesmo grao de parentesco.

Notas

  1. Eernisse, D.J. "Introduction to Phylogeny: What is a Sister Taxon?". Biology 404 - Evolution. Department of Biological Science, California State University, Fullerton. Consultado o 4 January 2012. 
  2. Padian, Kevin; Lindberg, David R., Polly, Paul David (1 May 1994). "Cladistics and the Fossil Record: The Uses of History". Annual Review of Earth and Planetary Sciences 22 (1): 63–89. doi:10.1146/annurev.ea.22.050194.000431.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  3. Kemp, T.S. (1 January 1988 2008). "Haemothermia or Archosauria? The interrelationships of mammals, birds and crocodiles". Zoological Journal of the Linnean Society 92 (1): 67–104. doi:10.1111/j.1096-3642.1988.tb01527.x. 
  4. Podani, J. (2010). "Taxonomy in Evolutionary Perspective - An essay on the relationships between taxonomy and evolutionary theory". Synbiologia Hungarica 5: 1–42.