Diferenzas entre revisións de «Paramecio»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Desfíxose a edición 3042129 de 79.145.100.243 (conversa)
(Desfíxose a edición 3042129 de 79.145.100.243 (conversa))
Os paramecios aliméntanse de [[bacteria]]s, [[alga]]s e [[lévedo]]s, e ocasionalmente pódese producir a inxesta de protozoos de pequeno tamaño. Pode detectar quimiotacticamente metabolitos bacterianos presentes no seu medio, e ten receptores superficiais para o folato, acetato e glutamato. Para capturalos incrementa o movemento dos cilios situados arredor e dentro do citostoma creando unha corrente de auga e partículas cara ao seu interior. As partículas de alimento vanse acumulando na citofarinxe e cando hai suficiente cantidade fórmase un vacúolo dixestivo. Os vacúolos dixestivos formados percorren un circuíto específico a través do [[citoplasma]] (da parte posterior á anterior da célula) durante o cal o seu contido se dixire encimaticamente, e o alimento dixerido absórbese cara ao citoplasma mentres o vacúolo reduce o seu tamaño. Os restos sen dixerir, cando se chega ao final do circuíto, son expulsados a través dun poro anal.
 
Para facilitar a captura das súas presas ''Paramecium'' pode disparar [[tricocisto]]s, orgánulos de forma baciliforme que se sitúan en ringleiras e que se disparan en forma de filamentos rematados en punta de frecha e segregan un produto ; este comportamento tamén se utiliza como sistema de defensa.¡Como mola¿No?! adah guisasola fernandez
 
== Hábitat ==
190.249

edicións

Menú de navegación