Stylonychia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Stylonychia
Stylonychia sp.
Stylonychia sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Ciliophora
Clase: Spirotrichea
Orde: Sporadotrichida
Familia: Oxytrichidae
Xénero: Stylonychia
Ehrenberg, 1830

Stylonychia é un xénero de ciliados, clasificado como esticotrico (unha subclase dos espirotricos). É moi común en augas doces e no solo, encóntrase sobre as algas filamentosas, superficies de biopelículas, e entre as partículas de sedimentos. Tamén se encontran nadando entre vexetación en descomposición e nas escumas flotantes das pozas. Igual que outras especies relacionadas, Stylonychia ten cilios agrupados en membranelas ao longo da boca e cirros sobre o corpo. Distínguese en parte polos seus longos cirros na parte posterior, xeralmente un grupo de tres. Os máis longos poden poden verse ao microscopio a 25 aumentos, e para ver os máis pequenos cómpren 450 aumentos. Son depredadores e aliméntanse doutros protozoos e bacterias, como o ciliado Urocentrum.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Stylonychia ten forma oval visto desde arriba, e é notable pola súa incesante actividade e rápido movemento. Os cilios de Stylonychia están moi especializzdos e non están libremente distribuídos sobre o seu corpo. Os cilios situados ao longo das beiras da superficie ventral parecen penachos de cilios fusionados e utilízanse a modo de patas que lle permiten moverse como se camiñase. Algúns teñen pequenos "penachos" de cilios, outros téñenos distribuídos máis homoxeneamente. Os cilios fusionados máis longos forman protrusións que parecen agullas (stylus) a ambos os extremos do corpo. Outro conxunto de cilios especializados baten a auga para arrastrar bacterias e outros microorganismos cara á súa cavidade oral.[1] Algunhas partes das súas presas poden verse a través do seu corpo mentres as está a dixerir.

Stylonychia ten unha particularidade: ten 48 tipos de apareamento (sexos) diferentes, o que significa que cada individuo pode seleccionar as súas parellas para aparearse dentro do 97 % do total da poboación.[2] Isto é máis do que presentan outros ciliados como a maioría dos paramecios, pero outras especies teñen tamén máis de dous sexos, como por exemplo Tetrahymena thermophila que ten 7 sexos.

Galería de vídeos[editar | editar a fonte]

Stylonychia alimentándose (formación de vacúolos).
Stylonychia formando unha segunda "boca" (estomatoxénese, antes da división celular).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parker, Thomas Jeffrey (1891). Lessons in elementary biology. London: Macmillan and Co. pp. 114–117. 
  2. Larison Cudmore, L. L. (1978). The center of life: a natural history of the cell. Quadrangle/New York Times Book Co. p. 23. ISBN 9780812962932. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]