Castelo do Castro de Ouro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo enlace a páxina de homónimos Castro (poboado)
Lansbricae (conversa | contribucións)
m Castrodouro movida a Castelo de Castrodouro: porque se trata dun castelo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2007 ás 21:17

O Castelo de Castrodouro atópase na parroquia do Castro, no Concello de Alfoz exactamente en "O Castro de Ouro, Alfoz".

Edificado sobre un antiguo e importante castro romano, pertenceu ao longo da Idade Media á Mitra mindoniense, despois de preitearen os veciños de Alfoz pola súa propiedade, e de ser precisa e decisiva a intevención dos Reis.

Cando a finais do século XV degolan a Pardo de Cela, era Mariscal o seu dono por mor, probablemente, de formar parte do dote da súa voda. Cando en decembro do 1483 Pero Pardo de Cela foi axustizado, volve ao poder da Mitra mindoniense, a cal, rexida polo bispo Diego de Soto, entre os anos 1546 e 1549, fai reformas. O Padre Flórez expresa que

La fortaleza de castro de Oro estaba muy obscura, sin ventanas, por lo que era húmeda y enferma. Rompió las Murallas por tres partes, y abrio buenas ventanas, que dan vista y alegría a la casa: y ya tenía comprado el hierro para asegurarlas con unas rejas fuertes

Por estas palabras podemos presupor que esta fortaleza non foi derrubada polos Reis Católicos –na súa política de afogar economicamente a familia dos Pardo de Cela- xa que simplemente precisou unha reforma; se tivese sido derruída no 1483, aproveitarían para refacela e deixala en perfectas condicións.

No verán do ano 2006 celebáronse no castelo de Castrodouro unhas xornadas sobre Pardo de Cela. Castrodouro, a casa de Fonsa Yáñez, e a Frouseira son lugares mitificados -tal e como di o profesor da Universidade de Santiago Carlos Barros- pola historiografía galeguista que simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista (http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/mitos_gal.htm).