Clamidiáceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
}}
}}


As '''Clamidiáceas''' ('''Chlamydiaceae''') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacteria]]s que pertencen ao [[filo]] [[Chlamydiae]], [[orde (bioloxía)|orde]] [[Chlamydiales]]. Todas as especies de Chlamydiaceae son [[Gram negativa]]s e expresan un [[epitopo]] [[lipopolisacárido]] específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os [[xene]]s do [[ARN ribosómico]] de todas Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu [[ADN]]. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do[[plásmido]] extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.
As '''Clamidiáceas''' ('''Chlamydiaceae''') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacteria]]s que pertencen ao [[filo]] [[Chlamydiae]], [[orde (bioloxía)|orde]] [[Chlamydiales]]. Todas as especies de Chlamydiaceae son [[Gram negativa]]s e expresan un [[epitopo]] [[lipopolisacárido]] específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os [[xene]]s do [[ARN ribosómico]] de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu [[ADN]]. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do [[plásmido]] extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.


Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero actualmente distínguense dous xéneros e ou terceiro xénero candidato: ''[[Chlamydia]]'', ''[[Chlamydophila]]'' e o ''Candidatus'' [[Clavochlamydia]].<ref name=NCBI>See the [[National Center for Biotechnology Information|NCBI]] [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=809 webpage on Chlamydiaceae] Datos extraidos de {{cite web | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi | title=NCBI Taxonomy Browser | publisher=[[National Center for Biotechnology Information]] | accessdate=2011-06-05}}</ref>
Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero actualmente distínguense dous xéneros e un terceiro xénero candidato: ''[[Chlamydia]]'', ''[[Chlamydophila]]'' e o ''Candidatus'' [[Clavochlamydia]].<ref name=NCBI>See the [[National Center for Biotechnology Information|NCBI]] [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=809 webpage on Chlamydiaceae] Datos extraidos de {{cite web | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi | title=NCBI Taxonomy Browser | publisher=[[National Center for Biotechnology Information]] | accessdate=2011-06-05}}</ref>


==Clasificación==
==Clasificación==

Revisión como estaba o 17 de maio de 2013 ás 16:25

Clamidiáceas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Clase: Chlamydiae
Orde: Chlamydiales
Familia: Chlamydiaceae
Xéneros

Candidatus Clavochlamydia salmonicolaKarlsen et al. 2008
Chlamydophila
Chlamydia

As Clamidiáceas (Chlamydiaceae) é unha familia de bacterias que pertencen ao filo Chlamydiae, orde Chlamydiales. Todas as especies de Chlamydiaceae son Gram negativas e expresan un epitopo lipopolisacárido específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os xenes do ARN ribosómico de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu ADN. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do plásmido extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.

Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero actualmente distínguense dous xéneros e un terceiro xénero candidato: Chlamydia, Chlamydophila e o Candidatus Clavochlamydia.[1]

Clasificación

Xénero Chlamydia

Artigo principal: Chlamydia.

Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a Chlamydia: C. trachomatis, C. muridarum, e C. suis. C. trachomatis encóntrase só en humanos, C. muridarum no hámster e no rato (familia de roedores Muridae), e C. suis no porco. As especies do xénero Chlamydia (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de glicóxeno detectable e presentan dous operóns ribosomais.

C. trachomatis é a causante das infeccións por clamidias transmitidas sexualmente e tamén causan o tracoma, unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.

Xénero Chlamydophila

Artigo principal: Chlamydophila.

Aoi xénero Chlamydophila pertencen seis especies: C. pneumoniae (antes chamada Chlamydia pneumoniae), C. psittaci (antes chamada Chlamydia psittaci), C. pecorum, C. abortus, C. caviae, e C. felis. O xénero Chlamydophila caracterízase por non producir glicóxeno detectable e ter un só operón ribosomal. Estas especies se encontran de forma natural vivindo en diversas especies animais. C. pneumoniae e C. psittaci poden transmitirse dos animais ao home.

Notas

Véxase tamén