Roque Cameselle: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:
*''Amor a Mantis'', Curtametraxe - [[2003]].
*''Amor a Mantis'', Curtametraxe - [[2003]].
*''O diario de Berto'', Capitulo Piloto - [[2008]].
*''O diario de Berto'', Capitulo Piloto - [[2008]].
*''O pequeno mago'', Longametraxe - [[2013]].
*''[[O pequeno mago]]'', Longametraxe - [[2013]].


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 24 de abril de 2013 ás 10:10

Roque Cameselle

A. Roque Cameselle Capón, nado en Vigo en 1981, é un escritor e director de cinema galego.

Traxectoria

Vive en Tui desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, foi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de Galicia, e Crítico de cine de Faro de Vigo. Dirixiu as curtametraxes Memoria indesexable (1998), A moza do último (1998), Soldado sen fortuna (2001) e Amor a Mantis (2003).

No 2011 estreou no Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana unha película de animación titulada The little Wizard. O mago Dubidoso, que significou o seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela Bieito Dubidoso.

Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama O diario de Berto.

Como guionista escribiu Na luz freada da tarde (2001), A Gilda chamábanlle Leonor (2002) e Meu xeneral o asasino foi o mar (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.

Como narrador publicou o libro de relatos O Pausiñas (2001), e a novela Bieito Dubidoso (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos. Dende 1997 obtivo varios premios literarios no eido da poesía, do relato e da novela curta.

Obras

Narrativa

Obras colectivas

Filmografía como director e guionista

Véxase tamén

Ligazóns externas