Fabián, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: mzn:فابین
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio tl:Fabián por tl:Papa Fabián
Liña 70: Liña 70:
[[ta:ஃபேபியன் (திருத்தந்தை)]]
[[ta:ஃபேபியன் (திருத்தந்தை)]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาฟาเบียน]]
[[th:สมเด็จพระสันตะปาปาฟาเบียน]]
[[tl:Fabián]]
[[tl:Papa Fabián]]
[[uk:Фабіан]]
[[uk:Фабіан]]
[[vi:Giáo hoàng Fabianô]]
[[vi:Giáo hoàng Fabianô]]

Revisión como estaba o 14 de xaneiro de 2013 ás 23:53

Fabiano

Fabiano, falecido en Roma o 20 de xaneiro de 250, foi o vixésimo Papa da Igrexa católica, entre o ano 236 e a súa morte 250.

Traxectoria

Foi elixido papa durante as persecucións contra os cristiáns ordenadas polo emperador Decio. As extraordinarias circunstancias da súa elección foron relatadas polo historiador Eusebio de Cesarea, quen no tomo sexto da súa obra Historia da Igrexa relata como estando reunidos os electores para seleccionar ao sucesor do papa Antero, unha pomba se posou sobre Fabiano, un granxeiro laico que se encontraba en Roma accidentalmente e como simple espectador. O pobo tomou isto como un sinal milagroso de Deus, que escollía a Fabiano como o seu candidato, e inmediatamente procederon á súa ordenación como sacerdote e bispo.

Debido ao crecemento de Roma dividiu a cidade en sete distritos, poñendo a cargo de cada un deles a un diácono para o seu goberno e administración.

Consagrou a varios bispos, entre eles a San Denis de París, ao que enviou a misionar á Galia. Segundo a tradición, Fabián instituíu as catro ordes menores.

Estableceu que todos os anos o Xoves Santo fose renovado o Santo Crisma, queimándose o do ano anterior. Tamén regulou que o Santo Crisma debería prepararse con aceite mesturado con bálsamo.

Fabiano morreu mártir baixo a persecución de Decio, sendo soterrado na catacumba de San Calisto.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:PapS-III