Blogomillo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 15: Liña 15:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
* [http://web.archive.org/web/20060425160619/http://www.novosmedios.org/blogs.pdf Canabal, S. & Gago, M. & López, X. & Isasi, A. & Limia, M. & Pereira, J. (2006). ''A blogosfera en galego: demografía, usos e contidos''. Santiago de Compostela: Grupo de Novos Medios do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (Recuperado de ''Internet Archive'', captura do 25 de abril do 2006).]

* [http://web.archive.org/web/20091221201717/http://www.cibersociedad.net/actividades/informe_enquisa_2006.pdf Garrido, F. (2006). ''I Enquisa a blogueiros/as Galegos/as''. Observatorio para a Cibersociedade & Netquest (Recuperado de ''Internet Archive'', captura do 28 de maio do 2006)] .
* [http://web.archive.org/web/20091221201717/http://www.cibersociedad.net/actividades/informe_enquisa_2006.pdf Garrido, F. (2006). ''I Enquisa a blogueiros/as Galegos/as''. Observatorio para a Cibersociedade & Netquest (Recuperado de ''Internet Archive'', captura do 28 de maio do 2006)].
* [http://www.xornalistas.com/imxd/noticias/doc/11703175517._O_blogomillo._A_blogosfera_galega.pdf López García, X. & Calvo Ferreiro, M. D. (2010). ''Cibermedios, blogs e redes sociais en Galicia 2009''. Santiago de Compostela: Grupo de Novos Medios do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.]
* [http://www.xornalistas.com/imxd/noticias/doc/11703175517._O_blogomillo._A_blogosfera_galega.pdf Martins Alvela, E. (2007). 7. O blogomillo. A blogosfera galega. En ''Os Weblogs: a autoedición''. Santiago de Compostela: Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.]

* [http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2010/07/5_4-g10_cronica_blogomillo.pdf Silva, P. (2010). O blogomillo: un espazo para a nosa lingua na Rede. En ''Galegos 10'', pp. 94-96.]
* [http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2010/07/5_4-g10_cronica_blogomillo.pdf Silva, P. (2010). O blogomillo: un espazo para a nosa lingua na Rede. En ''Galegos 10'', pp. 94-96.]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2013 ás 10:40

O blogomillo ou blogmillo é o microuniverso dos blogs existentes en galego. É similar ao termo "blogosfera" para referirse ao universo das bitácoras publicadas na rede. Na web Blogaliza pódese ver unha listaxe de bitácoras en galego, así como as súas actualizacións e arquivos XML para subscricións. Non é este o único catálogo de blogs, pois tamén podemos nomear outros coma a Blogoteca ou o xa desaparecido Blogalego. Os dous primeiros contan coa dispoñibilidade de aloxamento de blogs.

Historia

O 29 de setembro de 2003 naceu Todo nada[1], o blog da xornalista María Yáñez, que a autora pechou case tres anos despois, o 8 de xullo de 2006.

O 14 de decembro de 2003 creouse Capítulo 0[2], o blog persoal do xornalista Manuel Gago Mariño, considerada a bitácora máis antiga do blogomillo que segue en activo, ata maio de 2012. Precisamente o termo blogmillo foi creado por María Yáñez para dar conta da aparición do blog de Manuel Gago ("outra vaca no blogmillo"[3]).

O 1 de marzo de 2008 publicouse en papel e electronicamente o primeiro volume colectivo de integrantes do blogomillo, Proxecto Identidade[4], un libro xurdido da colaboración de 54 persoas con cadansúa bitácora. Na publicación aparecen persoas xa previamente coñecidas no ámbito cultural galego como Estíbaliz Espinosa, Mario Regueira, Rosa Enríquez, Marcos S. Calveiro ou Alfredo Ferreiro ao carón doutras anónimas. Nel atópanse relatos, poemas, fotografías e ilustracións onde se enfoca o concepto de identidade desde diferentes perspectivas.

Dous meses máis tarde, o 31 de maio de 2008, nos Pendellos de Agolada tivo lugar a primeira reunión de membros do blogomillo considerado como colectivo específico de blogueiros e blogueiras, a ela acudiron representantes de 26 bitácorase outras tantas persoas sen bitácora propia[5][6] .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas