Emo: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Modifico: eo:Emoo (muziko) |
|||
Liña 17: | Liña 17: | ||
== Popularización == |
== Popularización == |
||
A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de [[Jimmy Eat World]] e [[Dashboard Confessional]] e a aparición dun subxénero máis agresivo, o [[screamo]]. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como [[Fall Out Boy]], [[My Chemical Romance]], [[Coheed and Cambria]] ou [[Panic at the Disco]]. |
A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de [[Jimmy Eat World]] e [[Dashboard Confessional]] e a aparición dun subxénero máis agresivo, o [[screamo]]. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como [[Fall Out Boy]], [[My Chemical Romance]], [[Coheed and Cambria]] ou [[Panic! at the Disco]]. |
||
[[Categoría:Xéneros musicais]] |
[[Categoría:Xéneros musicais]] |
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2012 ás 10:41
Emo | |
---|---|
Orixe musical | hardcore punk, indie rock |
Orixe cultural | mediados dos 80 en Washington, D.C. |
Instrumentos típicos | voces, guitarra, baixo, batería |
Subxéneros | |
screamo | |
Emo é un estilo de música rock que se caracteriza pola súa música máis lenta e melodiosa, tamén se caracteriza polas súas letras, de cariz persoal, no que abunda a introspección abordando emocións e estados de animo converténdose, moitas veces, en auténtica poesía, evitando a música puramente comercial.
Orixe
Na xénese do estilo foi fundamental o álbum dos Hüsker Dü Zen Arcade, publicado en 1984 e o Throb Throb de Naked Raygun, de 1985 que influíu especialmente no movemento hardcore punk de Washington, xurdindo o termo "emotional hardcore" ou "emocore" para definir as bandas hardcore punk cunha sonoridade máis melódica e rica as bandas procuraban un estilo máis creativo, utilizando tamén cambios de ritmo e crescendos, nesa primeira época salientaban o bandas como Rites of Spring e Embrace. Do seu estilo fixéronse eco outras bandas de contemporáneas de punk estadounidenses, cambiando o seu son e significado cara ó punk pop e o indie rock na década de 1990 con grupos como Jawbreaker e Sunny Day Real Estate, cun estilo máis melódico e menos caótico cas súas predecesoras. A mediados da década de 1990 varios selos independentes comezaron a especializarse no estilo.
Popularización
A partir do ano 2000 o emo comezou a se facer máis coñecido, co éxito de vendas de Jimmy Eat World e Dashboard Confessional e a aparición dun subxénero máis agresivo, o screamo. Actualmente os críticos e xornalistas aplícanlle o termo emo a grupos como Fall Out Boy, My Chemical Romance, Coheed and Cambria ou Panic! at the Disco.