Saltar ao contido

Fall Out Boy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fall Out Boy
 Nome curto
    FOB (abs) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Forget Me Soul (en-us)
Saved Latin (en-us) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Xénero artístico
 Discografía
 Obra salientable
Implicados
Datas
 Fundación / creación
2001 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
2001 Editar o valor en Wikidata
 Fin de actividade
2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Escindido de
 Nomeamentos
Localización
 Lugar de formación
Fontes e ligazóns
VIAF141114258 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000095682593 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/052z_y Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
IMDB: nm1918389 Facebook: falloutboy Twitter: falloutboy Instagram: falloutboy Tumblr: falloutboy MySpace: falloutboy Youtube: UC2qWxZHgnlwDvcmLqP23jrA TikTok: falloutboy Souncloud: falloutboy Spotify: 4UXqAaa6dQYAk18Lv7PEgX Apple Music: 28673423 Last fm: Fall+Out+Boy Musicbrainz: 516cef4d-0718-4007-9939-f9b38af3f784 Songkick: 315398 Discogs: 318185 Allmusic: mn0000170879 Deezer: 404 Genius: Fall-out-boy Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Fall Out Boy, normalmente abreviado como FOB é unha banda americana de rock alternativo de Chicago, Illinois, que se formou en 2001. A banda consta de catro membros: Patrick Stump (cantante principal, guitarra rítmica e compositor principal), Pete Wentz (cantante secundario, baixista e escritor principal), Joseph Trohman (guitarrista principal) e Andrew Hurley (batería). Os seus membros, en principio, tocaban noutras bandas antes de formar Fall Out Boy. Con Pete Wentz como o principal escritor das letras e Patrick Stump como o principal compositor musical, Fall Out Boy pasou de ser unha banda que tocaba en bares e que pouca xente coñecía a conseguir un grande éxito co seu álbum From Under the Cork Tree.

Fall Out Boy gañou varios premios grazas a este álbum de estrea nunha grande discográfica. Lanzado no 2005, o álbum foi dobre platino por vender 2,5 millóns de copias nos Estados Unidos. Para promover o álbum, Fall Out Boy realizou xiras por todo o mundo durante os anos 2005 e 2006.

En febreiro de 2007 lanzaron o seu seguinte álbum, Infinity On High, e conseguiron unha mellor posición nas listas, chegando ao número 1 na Billboard 200 ao vender máis de 260.000 copias na súa primeira semana. O sinxelo principal, "This Ain't a Secene, It's an Arms Race", alcanzou o número 1 na Pop 100 e o 2 na Billboard Hot 100. Para promover o álbum, a banda tocou no concerto Live Earth, o 7 de xullo de 2007 e noutras xiras coma o Honda Civil Tour e os MTV Video Music Awards o 9 de setembro do mesmo ano. No 2008, Fall Out Boy lanzou Folie à Deux.

En 2009 anunciaron un descanso de tempo indefinido, asegurando que non romperan definitivamente senón que necesitaban un descanso e embarcarse en proxectos a parte da banda. Stump lanzou un disco en solitario en 2011 chamado "Soul Punk", mentres que Hurley e Trohman formaron The Damned Things e despois marcháronse a With Knives e Enabler, respectivamente. Fall Out Boy quedou no posto 93 na clasificación dos Mellores Artistas do 2000-10 da revista Billboard.

O 4 de febreiro de 2013, Fall Out Boy anunciou a súa volta cun novo álbum, Save Rock and Roll, así como unha xira e un novo single.

Primeiros anos (2001-2002)

Fall Out Boy formouse no ano 2001 polos amigos Pete Wentz e Joe Trohman, que xa tocaran anteriormente en varias bandas de hardcore punk en Chicago. Inspirándose en bandas que escoitaran namentres creceran como Green Day, Descendents e The Smiths, a parella decidiu formar a súa propia banda [3]. Trohman coñeceu no instituto a Patrick Stump nunha tenda de libros.[4] Stump presentouse a Trohman cando lle escoitou falar sobre a banda Neurosis, na cal ambos estaban interesados.[4] Stump fixo unha audición como batería, pero cando descubriron o seu impresionante rango vocal decidiron que fose o vocalista principal.[5] Ben Rose foi o primeiro batería da banda, aínda que se marchou pronto. Finalmente Andy Hurley converteuse no actual batería.

A banda non tivo nome durante os seus dous primeiros shows. Decidiron que a audiencia era a que debía decidir e no final do seu segundo show, pedíronlle á audiencia que gritasen ideas para o nome. Un membro da audiencia suxeriu o nome de "Fallout Boy",[4][6] unha referencia ó compañeiro de Radioactivo Man dos Simpsons.[3][7]

Take This to Your Grave (2003–2004)

O grupo lanzou un mini-LP, Fall Out Boy's Evening Out with Your Girlfriend, no 2003.[8] O álbum gravouse en dous días e foi lanzado a pesar da negativa da banda. Durante este período a banda fixo pequenos shows.

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Take This to Your Grave2003Fueled by Ramen, Sore Point
From Under the Cork Tree2005Island Records
Infinity on High2007Island Records
Folie à Deux2008Island Records
Save Rock and Roll2013Island Records
American Beauty/American Psycho2015Island, DCD2
Mania2018Island, DCD2
So Much (for) Stardust2023Fueled by Ramen, DCD2