Zapón (gaita): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


== Características ==
== Características ==
Habitualmente fanse de coiro, aínda que tamén se elaboran con goma ou látex. Era habitual aproveitar as cámaras de aire das rodas das bicicletas para elaborar estas válvulas. O zapón únese ao espigo do soprete, que vai metido dentro da buxa, a través dun parafuso e leva unha lámina de metal pequena para que o zapón se manteña no seu lugar. Son habituais tamén outros tipos de soportes: un par de arames cruzados unidos ao espigo do soprete que permite que o zapón estea solto; unha cánula onde o zapón se presenta como unha lingüeta, igual que o pallón do ronco e que vai insertada no burato do soprete, e outros. É importante manter o zapón húmido para que actúe debidamente, en especial os que están feitos de coiro.
Habitualmente fanse de [[coiro]], aínda que tamén se elaboran con goma ou [[látex]]. Era habitual aproveitar as cámaras de aire das rodas das bicicletas para elaborar estas válvulas. O zapón únese ao espigo do soprete, que vai metido dentro da buxa, a través dun parafuso e leva unha lámina de metal pequena para que o zapón se manteña no seu lugar. Son habituais tamén outros tipos de soportes: un par de arames cruzados unidos ao espigo do soprete que permite que o zapón estea solto; unha cánula onde o zapón se presenta como unha lingüeta, igual que o pallón do ronco e que vai insertada no burato do soprete, e outros. É importante manter o zapón húmido para que actúe debidamente, en especial os que están feitos de coiro.


Tamén son zapóns a parte que tapaba a abertura dianteira dos calzóns que se usaban ata a segunda metade do século XIX; As aberturas ou portas feitas no piso ou teitos das edificacións para comunicar unha dependencia con outra; as aberturas na cuberta dunha embarcación para comunicar un nivel superior cun inferior, e tamén en avións, tanques e submarinos.
Tamén son zapóns a parte que tapaba a abertura dianteira dos calzóns que se usaban ata a segunda metade do [[século XIX]]; as aberturas ou portas feitas no piso ou teitos das edificacións para comunicar unha dependencia con outra; as aberturas na cuberta dunha embarcación para comunicar un nivel superior cun inferior, e tamén en [[avión|avións]], [[Tanque|tanques]] e [[Submarino|submarinos]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2012 ás 11:51

O zapón é un mecanismo do soprete da gaita galega que consiste nunha lingüeta feita tradicionalmente de coiro que permite soprar o aire dentro do fol da gaita e impide que volva saír, facendo as funcións de válvula que funciona coa presión do aire exercida polo brazo ao apertar o fol.

Características

Habitualmente fanse de coiro, aínda que tamén se elaboran con goma ou látex. Era habitual aproveitar as cámaras de aire das rodas das bicicletas para elaborar estas válvulas. O zapón únese ao espigo do soprete, que vai metido dentro da buxa, a través dun parafuso e leva unha lámina de metal pequena para que o zapón se manteña no seu lugar. Son habituais tamén outros tipos de soportes: un par de arames cruzados unidos ao espigo do soprete que permite que o zapón estea solto; unha cánula onde o zapón se presenta como unha lingüeta, igual que o pallón do ronco e que vai insertada no burato do soprete, e outros. É importante manter o zapón húmido para que actúe debidamente, en especial os que están feitos de coiro.

Tamén son zapóns a parte que tapaba a abertura dianteira dos calzóns que se usaban ata a segunda metade do século XIX; as aberturas ou portas feitas no piso ou teitos das edificacións para comunicar unha dependencia con outra; as aberturas na cuberta dunha embarcación para comunicar un nivel superior cun inferior, e tamén en avións, tanques e submarinos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Os segredos da gaita, Xosé Lois Foxo, Deputación Provincial de Ourense, 2004, Ourense.
  • A gaita no eido da música, Xaime Estévez Vila, Centro de Ensinanzas Musicais Mayeusis, 1987, Vigo.