Diferenzas entre revisións de «Fara (longobardos)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
A '''fara''' (plural en [[lingua latina|latín]] ''farae'') era a unidade fundamental da organización social e militar dos [[longobardos]]. Estaba constituída pola agregación dun grupo homoxéneo e compacto de familias (orixinadas a partir do mesmo clan xentilicio) e era quen de se organizar en continxentes con funcións militares de exploración, de ataque e de ocupación de territorios durante as grandes migracións que conduciron o pobo longobardo dese a zona do [[Mar Báltico|Báltico]], á [[Pannonia]] e ata [[Italia]].
== A estrutura social==
Unha orientación historiográfica tradicional identificaba a fara con grupos familiares extensos, pero xa hai tempo que se consolidou unha interpretación que subliña maiormente o papel de unidade militar da fara. De acordo coa etimoloxía (véxase o [[Lingua alemá|alemán]] ''fahren'', ir, viaxar), [[Jörg Jarnut]] decántase por unha definición da fara como de "asociación en marcha",<ref>''Storia dei longobardi'', pag. 45</ref> que incluía, xunto aos guerreiros, todos os non combatentes relacionados (mulleres, vellos, nenos, escravos, mesmo o gando). [[Paulo Diácono]] en cambio fala das "''farae''" como estirpes ou liñaxes<ref>''Qui Gisulfus non prius se regimen eiusdem civitatis et populi suscepturum edixit, nisi ei quas ipse eligere voluisset Langobardorum faras, hoc est generationes vel lineas, tribueret''. ''[[Historia Longobardorum]]'', II, 9.</ref>.
Na fara confluíron dúas estruturas funtamentais da sociedade xermánica: a ''[[Sippe]]'' (a familia extensa) e a ''[[Gefolgschaft]]'' (a libre unión de guerreiros ao redor dun xefe). A segunda semellábase ao ''[[comitatus]]'' xa descrito por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] no [[século I]]. É difícil comprender en que medida os dous compoñentes familiares e militares tiveron importancia. Durante un momento crucial como unha migración é doado intuír como o carácter de ''Gefolgschaft'' tomaría a dianteira. Eran ''Gefolgschaften'' os grupos de ''cynocefali'', os guerreiros escollidos que, con peiteados especiais, buscaban aterrorizar os inimigos que se asemellaban a cans e lobos. Pódese pensar nun grupo de consanguíneos, parecidos aos [[clan]]s de matriz céltica, cun maior carácter militar que noutras estruturas sociais análogas doutros [[pobos xermánicos]].
Durante a fase nómade do [[longobardos|pobo longobardo]] ([[século II|séculos II]]-[[século VI|VI]]) xunto aos deberes militares, na fara, acompañábanse os sociais: o grupo debía garantir a paz interna, asegurar o sostemento de todos, erixir os refuxios provisorios ao final dos desprazamentos. Á cabeza das faras estaba un [[Duque (longobardos)|duque]], guerreiro condecorado con tal dignidade polas ligazóns dinásticas e polo valor militar mostrado na guerra e premiado polo soberano. A cohesión interna estaba asegurada polas ligazóns familiares que os membros dunha fara consideraban que tiñan os uns cos outros; durante a estancia de vinte anos en [[Pannonia]] (sobre [[547]] - [[568]]), con todo, o inevitábel xurdimento de diferenzaseconómicas permitiulles aos duques máis ricos e poderosos acolleren na súa propia fara combatentes menos provistos de medios.
52.804

edicións

Menú de navegación