Monosacárido: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: bs:Monosaharidi
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Os '''monosacáridos''' son os [[carbohidrato|hidratos de carbono]] máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de [[carbono]] na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse ''aldosas''; no segundo, ''cetosas''.
Os '''monosacáridos''' son os [[carbohidrato|hidratos de carbono]] máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de [[carbono]] na que está presente un [[grupo funcional]] [[aldehido]] (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse ''aldosas''; no segundo, ''cetosas''.


Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: [[glicosa]], [[galactosa]] e [[frutosa]].
Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: [[glicosa]], [[galactosa]] e [[frutosa]].

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2012 ás 23:26

Os monosacáridos son os hidratos de carbono máis simples, constituídos por unha cadea de átomos de carbono na que está presente un grupo funcional aldehido (-COH) ou cetona (-CO). No primeiro caso denomínanse aldosas; no segundo, cetosas.

Segundo o número de átomos de carbono, de 3 a 8, os monosacáridos poden ser triosas, tetrosas, pentosas, hexosas, etc. Desde o punto de vista nutritivo, as que máis nos interesan son as hexosas: glicosa, galactosa e frutosa.

  • Glicosa: ou dextrosa (C6H12O6), presente nas froitas e verduras, é a principal fonte de enerxía das células e constitúe o compoñente principal de polímeros estruturais, como a celulosa , e de reserva enerxética, como o amidón.
  • Galactosa: rara na súa forma libre, está presente na lactosa ou azucre do leite, sendo o leite a principal fonte de galactosa da dieta. A lactosa é un disacárido formado por unha molécula de galactosa e outra de glicosa. Tamén se atopa formando outras moléculas complexas, como os glicolípidos e as glicoproteínas das membranas celulares.
  • Frutosa: tamén chamada levulosa ou azucre de froitas. Está presente, xunto coa glicosa, nas froitas e no mel (no que é o compoñente principal).

Estrutura química