Reino (bioloxía): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 96: | Liña 96: | ||
| bgcolor="lightgrey" | '''[[Thermotogales]]''' |
| bgcolor="lightgrey" | '''[[Thermotogales]]''' |
||
|- |
|- |
||
| bgcolor="lightgrey" | '''[[Hydrogenobacter |
| bgcolor="lightgrey" | '''[[Aquificae|Hydrogenobacter/Aquifex]]''' |
||
|----- |
|----- |
||
| bgcolor="darkgray" rowspan="3" | '''[[Archaea]]''' |
| bgcolor="darkgray" rowspan="3" | '''[[Archaea]]''' |
Revisión como estaba o 5 de xullo de 2012 ás 17:37
En bioloxía, reino é cada unha das grandes subdivisiónes en que se consideran distribuídos os seres naturales, por razón dos seus caracteres comúns.
Foi Aristóteles quen deu en facer a primeira clasificación en Reinos de tódalas entidades que se manifestan na Natureza en base ás diferencias entre estas entidades establécese a clásica distinción entre os reinos animal, vexetal e mineral. Na actualidade, case tódalas clasificacións deixan á parte ós minerais. Isto non simplificou a taxonomía dos entes naturais, senón que propiciou para os virus unha especie de non clasificación, xa que non se consideran seres vivos en sentido estrito, a pesar de que «paradoxalmente, todo o mundo quere matalos» [1]. Así pois, a primera subdivisión dos entes da natureza debe distinguir entre seres vivos, virus e minerais. En bioloxía, a clasificación en reinos céntrase nos seres vivos.
A seguinte é unha comparativa dos sistemas de clasificación en reinos biolóxicos máis salientables:
Haeckel (1894) Tres reinos |
Whittaker (1959)¹ Cinco reinos |
Woese (1977) Seis reinos |
Woese (1990) Tres dominios |
---|---|---|---|
Protista | Monera | Eubacteria | Bacteria |
Archaebacteria | Archaea | ||
Protista | Protista | Eukarya | |
Plantae | Fungi | Fungi | |
Plantae | Plantae | ||
Animalia | Animalia | Animalia |
Debido á enorme variedade da vida establecéronse numerosos niveis de clasificación denominados taxóns. O nivel de Reino era ata hai pouco o nivel superior da clasificación biolóxica. Nas clasificacións modernas o nivel superior é o Dominio. Cada un dos Dominios subdivídense en Reinos; os Reinos, á súa vez, poden organizarse en Subreinos, etc. Os niveis superiores da clasificación biolóxica amósanse a continuación (de xeral a concreto, os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa):
Dominio |
Reino |
[Subreino] |
[Superfilo] |
Filo |
As diferencias básicas dos seres vivos danse a nivel molecular (estrutura dos lípidos, proteínas e xenoma) e permiten distinguir os dominios Archaea, Bacteria e Eukarya (dende este punto de vista, unha planta e un animal son máis semelllantes entre sí ca unha archaea e unha bacteria). Os dominios Archaea e Bacteria inclúen só organismos unicelulares procariotas (organismos con células sen núcleo). O dominio Eukarya inclúe tódalas eucariotas (organismos con células con núcleo) e comprende numerosos reinos, entre os cales se atopan os protozoos (clasificados en varios reinos), plantas, fungos e animais.
A continuación amósase a clasificación en reinos dos seres vivos segundo os últimos datos moleculares. Os virus clasifícanse á parte.
Notas
- ↑ James Trefil, 1001 cosas que todo el mundo debería saber sobre ciencia