Monte Apo: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|) |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
!bgcolor=#e7dcc3 colspan=2 | Monte Apo |
!bgcolor=#e7dcc3 colspan=2 | Monte Apo |
||
|- |
|- |
||
| align="center" colspan="2" | [[Ficheiro:MountApo1.jpg| |
| align="center" colspan="2" | [[Ficheiro:MountApo1.jpg|centro|300px|O Monte Apo]] |
||
|- |
|- |
||
| bgcolor="#e7dcc3" | [[Altitude]] || 2.954 m |
| bgcolor="#e7dcc3" | [[Altitude]] || 2.954 m |
Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 16:05
Monte Apo | |
---|---|
Altitude | 2.954 m |
Latitude | 7º 0' 30 N |
Lonxitude | 125º 16' 33 L |
Rexión | Mindanao (Filipinas) |
Montaña | Montes de Mindanao |
Primeiro ascenso | 1880 por Joaquín Rajal e outros. |
Tipo de volcán | Estratovolcán, activo |
O Monte Apo é un estratovolcán e a montaña máis elevada das illas Filipinas cunha altura de 2.954 metros.
Nome
O seu nome significa "amo" ou "avó".
Situación
O Apo está situado ao sureste de Mindanao, a grande illa do arquipélago, na provincia de Cotobato, a poucos quilómetros ao suroeste da cidade de Davao. A cima presenta un cume aplanado, con tres picos, e un cráter de aproximadamente 500 metros de diámetro cun pequeno lago.
Erupcións
Aínda que o volcán é potencialmente activo, do que son signo as súas solfataras, descoñécese a data da súa derradeira erupción, e non se coñecen rexistros históricos que poidan documentar algún dato ao respecto. É aproveitado para xerar enerxía xeotermal.
Ascensións
Doadamente escalábel, o Apo foi ascendido, en subida rexistrada, por vez primeira o 10 de outubro de 1880 por Joaquín Rajal e outros acompañantes. Actualmente a cima do Monte Apo é un dos destinos preferidos polos filipinos. As sendas de subida están ben marcadas, aínda que presentan abundancia de lixo.
Contorno ambiental
O presidente Manuel L. Quezón declarou a área do Apo parque nacional o 9 de maio de 1936. Ten sido tamén proposto para as candidaturas de Patrimonio Mundial da UNESCO.
O monte está considerado como o centro de endemismos da illa de Mindanao. A súa área alberga arredor de 270 especies distintas de aves, das que un centenar se consideran endémicas. A respeito da flora, o monte acolle tres tipos diferentes de bosques tropicais, desde a base até media ladeira, con bosque de montaña na parte superior.