Ancona: Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|) |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
Despois da caída do [[Imperio Romano]], os [[godos]], [[longobardos]] e musulmáns atacaron Ancona. En tempos do [[exarcado de Ravenna]] foi unha das cidades da [[Pentápole]], con [[Fano]], [[Pésaro]], [[Senigallia]] e [[Rímini]], converténdose nunha república semiindependente baixo a protección dos papas, ata que Gonzaga a conquistou no nome do Papa [[Clemente VII, Papa|Clemente VII]] ([[1532]]) |
Despois da caída do [[Imperio Romano]], os [[godos]], [[longobardos]] e musulmáns atacaron Ancona. En tempos do [[exarcado de Ravenna]] foi unha das cidades da [[Pentápole]], con [[Fano]], [[Pésaro]], [[Senigallia]] e [[Rímini]], converténdose nunha república semiindependente baixo a protección dos papas, ata que Gonzaga a conquistou no nome do Papa [[Clemente VII, Papa|Clemente VII]] ([[1532]]) |
||
[[Ficheiro:Ancona-panoramica.jpg| |
[[Ficheiro:Ancona-panoramica.jpg|centro|700px]] |
||
== Arquitectura == |
== Arquitectura == |
Revisión como estaba o 19 de xuño de 2012 ás 14:45
Ancona é un concello italiano da provincia homónima, na rexión de Marche. Ten 101.210 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 123 km², cunha densidade de poboación de 818 hab/km².
Fai fronteira cos concellos de: Agugliano, Camerano, Camerata Picena, Falconara Marittima, Offagna, Osimo, Polverigi e Sirolo.
Historia
A cidade antiga fundárona refuxiados de Siracusa por volta do -390, que lle deron o nome de Αγκων, os romanos ocupáronna como estación naval na Guerra iliria de -178, durante a época imperial o seu porto tivo moita importancia ao ser o máis próximo a Dalmacia, Traxano encargou a Apolodoro de Damasco amplialo.
Despois da caída do Imperio Romano, os godos, longobardos e musulmáns atacaron Ancona. En tempos do exarcado de Ravenna foi unha das cidades da Pentápole, con Fano, Pésaro, Senigallia e Rímini, converténdose nunha república semiindependente baixo a protección dos papas, ata que Gonzaga a conquistou no nome do Papa Clemente VII (1532)
Arquitectura
- O Arco de triunfo de Traxano, século II, proxectado por Apolodoro de Damasco.
- A Catedral de San Ciriaco, séculos XII e XIII.
- O Lazareto (Laemocomium o "Mole Vanvitelliana"), planeado polo arquitecto Luigi Vanvitelli en 1732.
- O Pazo Episcopal, lugar onde morreu o Papa Pío II en 1464.
- O templo de Santa Maria della Piazza cunha elaborada fachada arcada que data de 1210.
- O Palazzo del Comune, obra de Margaritone d'Arezzo.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ancona |