Asemblea Nacional-Popular Galega: Diferenzas entre revisións
traxectoria |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outroshomónimos|Advanced Composition Explorer}} |
|||
{{Partido Político |
|||
|nome = Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) |
|||
|definición = Organización suprapartidaria da [[Galiza]] |
|||
|cor = blue |
|||
|logo = |
|||
|publicación = |
|||
|parlamento = |
|||
|mocidades = |
|||
|líder = |
|||
|fundación = [[1974]] |
|||
|sede = |
|||
|ideoloxía = [[Esquerda]]<br>[[socialismo]]<br>[[Nacionalismo galego|nacionalismo]]<br>[[comunismo]]<br>[[Independentismo galego|independentismo]], [[anticolonialismo]], [[democracia]] |
|||
|filiación internacional = |
|||
|web = |
|||
}} |
|||
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]]. |
A '''Asemblea Nacional-Popular Galega''' ('''AN-PG''') foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en [[1975]]. |
||
Revisión como estaba o 30 de maio de 2012 ás 12:07
Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) | |
---|---|
Organización suprapartidaria da Galiza | |
Historia | |
Fundación | 1974 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda socialismo nacionalismo comunismo independentismo, anticolonialismo, democracia |
A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) foi unha organización suprapartidaria de coordinación de diversas frontes creada en 1975.
Traxectoria
Os seus principios eran a autodeterminación, o autogoberno, o anticolonialismo, a democracia e o protagonismo das forzas políticas propias de Galiza e que tiña como obxectivo a formación dun goberno galego provisoiro tras conseguir o poder. Tiña como símbolo a bandeira galega coa estrela de cinco puntas e era a AN-PG quen convocaba as manifestacións do 25 de xullo. Celebrou o seu I Plenario en abril de 1976 que acabou coa escisión dun sector que consideraba á AN-PG excesivamente ligada á UPG, ese sector constituiu a Asemblea Popular Galega. No seu III plenario celebrado en outubro de 1977 aprobou os seus estatutos na que se definía como organización interclasista e apartidaria dirixida por unha secretaria colexida, na que Lois Diéguez exercía como portavoz. Logo das eleccións municipais 1979 a AN-PG sufriu unha restruturación para propiciar unha maior coordinación entre os seus concelleiros, creándose asembleas locais. En 1981 sufriu unha importante crise interna que marcou a celebración do V Plenario en marzo de 1982 e que levou á saída da organización de de dous membros da Dirección Nacional e un grupo de 50 militantes, finalmente neste último plenario da organización chamouse a unha reformulación do modelo organizativo. O periplo vital da AN-PG rematou en 1982, dando paso á formación do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
A AN-PG era contraria a elaboración dun estatuto de autonomía por considerar que Galicia era unha colonia que tiña que acadar a soberanía por medio dunhas bases constitucionais. A súa Frente Cultural constituiu unha das seccións máis activas da AN-PG, nela estaban xente como Darío Xohán Cabana, Manuel María, Emiliano Picouto ou Xesús Vázquez.
Bibliografía
- Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003