Howard Carter: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m r2.7.1) (Bot: Engado: or:ହାୱାର୍ଡ଼୍ କାର୍ଟର୍ |
||
Liña 64: | Liña 64: | ||
[[no:Howard Carter]] |
[[no:Howard Carter]] |
||
[[oc:Howard Carter]] |
[[oc:Howard Carter]] |
||
[[or:ହାୱାର୍ଡ଼୍ କାର୍ଟର୍]] |
|||
[[pl:Howard Carter]] |
[[pl:Howard Carter]] |
||
[[pt:Howard Carter]] |
[[pt:Howard Carter]] |
Revisión como estaba o 9 de maio de 2012 ás 03:20
Howard Carter, nado o 9 de maio de 1874 e finado o 2 de marzo de 1939, foi un arqueólogo e exiptólogo inglés, que se fixo moi famoso por descubrir, en 1923, a tomba de Tutankamón (Tut-Anj-Amón), no Val dos Reis, fronte a Luxor, en Exipto.
Traxectoria
Naceu en Kensington, Londres, sendo o menor dunha familia de once irmáns. O seu pai, Samuel Carter, era artista. Carter creceu en Swaffam, ao norte de Norfolk, sen recibir educación formal; o seu pai ensinoulle os fundamentos do debuxo e a pintura.
Carter comezou os seus traballos en Exipto en 1891, aos 17 anos, copiando inscricións e pinturas. Estivo na escavación de Beni Hasan. Posteriormente pasou á tutela de William Flinders Petrie.
En 1899, comezou a traballar para o Servizo de Antigüidades Exipcias, o cal abandonou en 1905 logo dunha disputa. Tras varios anos difíciles, en 1907 coñece a Lord Carnarvon, un entusiasta nobre afeccionado á arqueoloxía e disposto a proporcionar os fondos necesarios para continuar o traballo de Carter. Pronto, Carter supervisaba todas as escavacións de Lord Carnarvon.
A tomba de Tutankamon
Lord Carnarvon financiou a procura da tomba dun faraón descoñecido,Tutankamon, cuxa existencia fora descuberta por Carter. O 4 de novembro de 1922 Carter achou a tomba de Tutankamon (posteriormente designada KV62), a tumba faraónica mellor conservada e intacta xamais atopada, no Val dos Reis. Xunto a Lord Carnarvon, o 16 de febreiro de 1923, Carter abriu a cámara e foi o primeiro en ver o sarcófago de Tutankamon.
Tras catalogar os extensos achados, Carter retirouse da arqueoloxía converténdose en coleccionista. Morreu en Inglaterra en 1939 aos 65 anos. A súa morte a esta avanzada idade é a evidencia máis común esgrimida para refutar a lenda da "maldición dos faraóns" que supostamente recaeu sobre o grupo que profanou a tumba deTutankhamon. Aínda que é certo que o canario de Howard Carter foi engulido por unha cobra (no antigo Exipto a cobra era un símbolo de protección do faraón) pouco despois do descubrimento da tumba.
Howard Carter foi enterrado no cemiterio de Putney Vale, ao oeste de Londres.
Véxase tamén
Bibliografía
- T.G.H James, Howard Carter ; The Path to Tutankhamun, Londres: Tauris Parke, 2001.
- Reeves, N. and Taylor, J.H., Howard Carter: Before Tutankhamun, Londres: British Museum Press, 1992.
- The History Of Howard Carter polo Dr. Thomas Schwarz