Benito Losada Astray: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xas (conversa | contribucións)
lig int
m Estevoaei moveu a páxina "Benito Losada" a "Benito Losada Astray" sobre unha redirección sen deixar unha redirección
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de maio de 2012 ás 14:36

Benito Losada Astray, nado en Santiago de Compostela en 1824 e finado en San Mamede de Ribadulla en setembro de 1891, foi un médico, militar e escritor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Medicina e ingresou no Corpo de Sanidade Militar. Convencido anticlerical, interesouse na política liberal, afiliándose ao partido republicano, o que o levou a participar no Levantamento de Solís de 1846. Colaborador de diversas publicacións, como El Heraldo Gallego e Revista Gallega, pódese adscribir á xeración provincialista, polo que forma parte da nómina de poetas tardíos do Rexurdimento.

Obra

Unha vez xubilado do seu posto de médico militar, comezou a dedicarse á creación literaria. Da súa obra destacan Poesías (1878), o seu libro máis romántico; Soazes d’un vello (1886), onde se recolle a totalidade das súas composicións en galego, e Contiños (1888), un conxunto de poemas breves de contido burlesco, moi criticado por Emilia Pardo Bazán.

Véxase tamén

Ligazóns externas