Hardware: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m imaxe procedente de Commons |
m r2.7.1) (Bot: Modifico: zh:硬件 |
||
Liña 96: | Liña 96: | ||
[[vi:Phần cứng]] |
[[vi:Phần cứng]] |
||
[[yi:הארטווארג]] |
[[yi:הארטווארג]] |
||
[[zh: |
[[zh:硬件]] |
Revisión como estaba o 13 de abril de 2012 ás 19:35
O hardware, a ferralla, é o conxunto de partes física que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.
A partir desta palabra criouse a antónima: software.
Evolución do Hardware
A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:
- Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de baleiro, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas, perforadas.
- Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
- Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todos os dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
- Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
- Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a súa entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Utilizaranse de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardawe deixa de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa ó software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hardware |