Nervio cubital: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
→‎Innervacións: corrixo ligazóns
Silverfox (conversa | contribucións)
engado ligazóns + bibliografía
Liña 19: Liña 19:
* [[Músculo flexor curto do dedo polgar]]
* [[Músculo flexor curto do dedo polgar]]
* [[Músculo palmar curto]]
* [[Músculo palmar curto]]

== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Gray. Anatomy of the human body'' {{en}}. Edición de 1918 de dominio público.


[[Categoría:Sistema nervioso]]
[[Categoría:Sistema nervioso]]

Revisión como estaba o 2 de abril de 2012 ás 03:07

Nervios do membro superior

O nervio cubital ou nervio ulnar é un nervio do membro superior humano. É unha póla terminal do fascículo medial do plexo braquial.

Características

Preto da súa orixe adoita recibir unha póla comunicante da raíz lateral do nervio mediano, que se orixina no fascículo lateral e porta febras de C7. O nervio cubital pasa polo brazo e antebrazo acadando a man, onde innerva todos os músculos intrínsecos desta (agás os tres músculos da eminencia tenar e os dous músculos lumbricais laterais). No seu traxecto polo antebrazo, dá lugar a pólas para innervar o músculo flexor cubital do carpo e a metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos da man. O nervio cubital innerva a pel situada sobre a superficie palmar do quinto dedo, a metade medial do cuarto dedo, a pel da palma e pulso, e a da superficie dorsal da zona medial da man.

Innervacións

O nervio cubital innerva:

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.