Anxo Rei Ballesteros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 1: Liña 1:
'''Anxo A. Rei Ballesteros''', nado en [[Codeso, Boqueixón|Codeso]], [[Boqueixón]] o [[24 de xaneiro]] de [[1952]] e finado na [[Coruña]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Necrologicas/Anxo/Rei/Ballesteros/escritor/gallego/elpepucul/20081103elpepinec_2/Tes Anxo Rei Ballesteros], [[El País]], 3/11/08</ref> o [[29 de outubro]] de [[2008]], foi un escritor galego.
'''Anxo A. Rei Ballesteros''', nado en [[Codeso, Boqueixón|Codeso]], [[Boqueixón]] o [[24 de xaneiro]] de [[1952]] e finado na [[A Coruña|Coruña]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/Necrologicas/Anxo/Rei/Ballesteros/escritor/gallego/elpepucul/20081103elpepinec_2/Tes Anxo Rei Ballesteros], [[El País]], 3/11/08</ref> o [[29 de outubro]] de [[2008]], foi un escritor galego.


==Traxectoria==
==Traxectoria==

Revisión como estaba o 1 de abril de 2012 ás 08:23

Anxo A. Rei Ballesteros, nado en Codeso, Boqueixón o 24 de xaneiro de 1952 e finado na Coruña[1] o 29 de outubro de 2008, foi un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa traxectoria literaria comeza nos anos mozos colaborando coa revista Bonaval. A súa primeira novela Dos anxos e dos mortos foi publicada pola editorial Castrelos en 1977, e nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro polo seu relato "Querido Brais". Coa súa segunda novela Loaira acadou o Premio Losada Diéguez en 1993.

Tamén autor de teatro, a súa obra Xogos de damas estreouse en 1987 polo grupo Malbarate, e en 1991 dirixiu a versión de A voz humana de Jean Cocteau. Preocupado pola filosofía, publicou ensaios en revistas e catálogos de artistas, e en 2003 apareceu o seu libro Tempo e vinganza sobre o Hamlet de Shakespeare e o problema do tempo.

Durante os últimos anos da súa vida viviu na Pobra.

En novembro de 2009 aparece unha obra póstuma, a novela A noite do moucho, publicada por Galaxia[2].

Obras

Narrativa

  • Dos anxos e dos mortos, 1977 (reeditada en 1991 en Galaxia).
  • Loaira, 1992, Galaxia.
  • A sombra dos teus soños, 1998, Galaxia.
  • Non sei cando nos veremos, 2005, Galaxia.
  • A noite do moucho, 2009, Galaxia.

Teatro

Ensaio

  • Tempo e vinganza, 2003, Galaxia (premio Ramón Piñeiro de ensaio).

Traducións

Obras colectivas

Notas

  1. Anxo Rei Ballesteros, El País, 3/11/08
  2. Nova en Vieiros

Véxase tamén

Ligazóns externas